O ex alcalde do BNG en Maceda e logo portavoz de Compromiso será agora o candidato do PSdeG á Alcaldía

Foi tamén portavoz de Compromiso por Galicia logo de abandonar o Bloque.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2018 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

Xabier Oviedo, que foi alcalde do BNG en Maceda (Ourense) entre 2007 e 2015 e portavoz de Compromiso por Galicia posteriormente, confirmou que se postulará para ser candidato á Alcaldía do mesmo Concello polo PSdeG nos próximos comicios municipais do mes de maio.

Xabier Oviedo.
Xabier Oviedo.

Segundo destacou, deuse de baixa de Compromiso por Galicia recentemente para formar parte do proxecto socialista porque é unha "plataforma moito máis cómoda" para "facer política municipal" e os seus ideais non son moi distantes á súa "forma de pensar".

"Sempre entendín os partidos políticos como unha ferramenta para mellorar a vida dos cidadáns e, coa ruptura inicial do BNG, entendemos que deixaba de ser unha ferramenta útil, polo que fundamos Compromiso por Galicia, unha forza que non termina de callar", sinalou Xabier Oviedo.

Neste sentido, asegurou que se sente "máis identificado" coa formación socialista, á que ve "máis útil" para lograr o obxectivo de "traballar por Maceda" e "tentar recuperar a Alcaldía" do municipio ourensán.

Pola súa banda, o secretario provincial do PSdeG en Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, defendeu que Xabier Oviedo "é afiliado do PSdeG" e "ten dereito como calquera outro a presentarse como candidato cando se abra o procedemento para nomear candidatos nos pequenos concellos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 twuj

Pobre home. É normal que non atope diferenzas entre CxG, BNG e PSdeG, son as tres patas da mesa-camilla de Piñeiro.

1 Alpinista

Natural, o nacionalismo galego light, sumiso e subsidiado do BNG compórtase como sucursalista do PsoEspañol. Sendo así, traballando para o inimigo, que diferenza hai en ir co nacionalismo español do PsoEspañol! Que Ana Pontón se pase a traballar para o PsoE tampouco estrana, mesmo Leiceaga sentou no Consello Nacional, e os alcaldiños do Porriño, Ponteareas... É o mesmo camiño leva Podemos, absorbidos polo PsoEspañol! E todo pola Pasta!