O BNG pide habilitar un procedemento que "axilice" a devolución das peaxes "abusivas" de Audasa

Reclama unha auditoría das obras de ampliación de Rande e un protocolo para levantar as barreiras en caso de retencións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2018 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

O BNG trasladou este venres que "celebra" e "comparte" a demanda colectiva presentada pola Fiscalía de Pontevedra contra Audasa polo cobro de peaxes "abusivas" durante as obras de ampliación na Ponte de Rande, na AP-9.

Ponte de Rande após a ampliación. Europa Press - Archivo
Ponte de Rande após a ampliación. Europa Press - Archivo | Fonte: Europa Press

"Pensamos que é moi rigorosa e necesaria, porque non só pide a devolución das peaxes, senón a condena destas prácticas de cobrar a pesar de prestar un mal servizo", esgrimiu o portavoz parlamentario de infraestruturas da formación, Luís Bará.

Neste sentido, o deputado nacionalista considera "imprescindible" pór en marcha un mecanismo que "facilite" a devolución das peaxes cobradas "de forma abusiva", tanto "pola elevada tarifa" como polo "deficiente servizo".

De feito, indicou que o BNG xa presentou iniciativas no Parlamento para "establecer un procedemento áxil" para "a devolución das cantidades cobradas indebidamente".

Para iso, remarcou que son "fundamentais" os rexistros da propia concesionaria sobre os usuarios que usaron a AP-9 nos horarios en que se produciron as retencións.

OUTRAS MEDIDAS

Ademais, Bará reclamou unha auditoría das obras de ampliación de Rande e un protocolo para levantar as barreiras en caso de retencións.

Finalmente, o BNG defendeu que é "fundamental" que se cumpran "inmediatamente" os acordos aprobados polo Parlamento a instancias da formación nacionalista, no sentido de abrir un expediente sancionador desde o Ministerio de Fomento á concesionaria como consecuencia destas prácticas abusivas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta