Unha muller sofre queimaduras na cara despois de explotar unha botella con químicos en Teo

Logo do estourido os servizos de emerxencia evacuaron toda a vivenda e ventilaron a casa por acumulación de gases tóxicos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2018 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

Unha muller tivo que ser evacuada esta noite en Teo (A Coruña) por mor das queimaduras na cara provocadas polo estalido dunha botella con amoníaco e lixivia. Segundo informa o 112, o suceso ocorreu nun domicilio da Travesía de Cacheiras pouco antes das 20,30 horas do venres.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Até o lugar desprazouse unha dotación do 061-Urxencias Sanitarias para atender á muller, que presentaba diversas queimaduras no rostro. Ademais, a consecuencia da deflagración, os vapores resultantes encheron a habitación, polo que houbo que desaloxar a vivenda e ventilar.

Nestes traballos participaron Protección Civil de Teo e o GES da Estrada, que se desprazaron até o lugar tras recibir a alerta do 112. Deste xeito, unha vez a vivenda estivo ventilada, comprobaron, mediante mecanismos de medición, que os índices de osíxeno volvían ser normais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta