Antitaurinos galegos propoñen unha consulta popular sobre a prohibición das corridas

A outra vía sería presentar iniciativas ao Parlamento e de aí, trasladalas á Xunta ou unha proposta directa de Feijóo ao Goberno Central.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2018 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

A plataforma 'Galicia, Mellor sen Touradas' propuxo que se realice unha consulta popular sobre a prohibición das corridas de touros e mostrou o seu apoio á ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, que esta semana manifestou que se do seu departamento dependese estaría a favor de prohibir a tauromaquia e a caza.

Imaxe da protesta celebrada en Sarria. GALICIA MELLOR SEN TOURADAS - Archivo
Imaxe da protesta celebrada en Sarria. GALICIA MELLOR SEN TOURADAS - Archivo | Fonte: Europa Press

Nun comunicado, a plataforma transmitiu o seu "rotundo apoio a Ribera por mostrar unha posición pública que enfurece a quen gozan dos malos tratos animais e camúflano como 'Patrimonio Cultural', a pesar de que a inmensa maioría da cidadanía dá as costas á tauromaquia e á caza". Neste sentido, os abolicionistas dan un paso máis e expoñen a convocatoria dunha consulta popular en Galicia para determinar o futuro das corridas e novilladas.

Neste 2018 só 3 municipios permitiron o que a plataforma cualifica como "prácticas crueis": Pontevedra, Valga e Sarria. Ademais, a organización alude a que os resultados foron "moi pobres", o que vinculan co "desinterese taurino" dos galegos, xa reflectido en "as enquisas".

Para a realización dun referendo na comunidade os abolicionistas propoñen diferentes pasos. O primeiro podería ser a proposta directa do executivo de Núñez Feijóo ao Estado central, xa que Galicia non ostenta competencias para autorizar consultas cidadás de ámbito local nin autonómico e correspondería ao Consello de Ministros permitir a súa celebración.

A outra vía sería a través do Parlamento de Galicia, con iniciativas políticas que deben superar a maioría e ser trasladadas á Xunta. Galicia, Mellor sen Touradas' defende que "a mellor fórmula é dar voz á cidadanía, desmontando dunha vez por todas as estrataxemas e mañas dos grupos protaurinos", aos que acusan de "beneficiarse do cabildeo para tratar de protexer a continuidade da tauromaquia", aínda que, como no caso de Galicia, "o 99,7% dos seus habitantes declare non asistir a estes eventos, segundo unha enquisa do Ministerio de Cultura".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Mendaña

Más votos para Vox

1 AnalestaPoletologoVotoV0x

Seguro. Más votos para V0x en Galicia, comunidad taurina donde las haya.