O "MatoCarro", a iniciativa da candidata do PP na Coruña para escoitar propostas cidadás

Beatriz Mato define esta maneira de achegarse á xente como "un instrumento máis co que percorrer os barrios nos vindeiros meses".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2018 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

A candidata do PP á Alcaldía da Coruña, Beatriz Mato, percorrerá a cidade para solicitar a opinión dos veciños dos distintos barrios no denominado 'MatoCarro', co que dará a coñecer a súa proposta para "un novo modelo de cidade".

Beatriz Mato, candidata do PP na Coruña presenta o 'MatoCarro'. PARTIDO POPULAR DE A CORUÑA
Beatriz Mato, candidata do PP na Coruña presenta o 'MatoCarro'. PARTIDO POPULAR DE A CORUÑA | Fonte: Europa Press

O PP da Coruña informou que o 'MatoCarro' se trata dun vehículo lixeiro e urbano co que a exconselleira pretende percorrer "cada recuncho da cidade" interesándose polas "cuestións que preocupan aos coruñeses e dando a coñecer a súa proposta para desenvolver un novo modelo de cidade".

Trátase "dun instrumento máis co que percorrer os barrios nos próximos meses" e achegarse a falar con cada veciño para que "compartan" con Beatriz Mato "a ilusión de colocar de novo á Coruña no máis alto".

Ademais, servirá para poder recoller propostas, cun claro obxectivo: "Para mellorar esta Coruña imparable na que sempre nos gustou vivir e da que afacemos presumir", proclamou a candidata 'popular'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta