50.000 os galegos poderán beneficiarse da devolución do IRPF das axudas á maternidade

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, anuncia que o Ministerio de Facenda enviou un comunicado no que avisa da habilitación dun procedemento para a a devolución rápida.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2018 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, avanza este domingo que uns 50.000 galegos poden beneficiarse da devolución do IRPF das prestacións por maternidade e paternidade desde 2014.

Maternidade, fillos, nacemento. EUROPA PRESS - Archivo
Maternidade, fillos, nacemento. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

Segundo lembra Losada nun comunicado, o Ministerio de Facenda, a través da Axencia Tributaria, habilitou esta semana o procedemento para reclamar a "rápida" devolución destas cantidades, que ascenden a unha media de 1.600 euros para as nais e 383 para os pais.

Así, o delegado do Goberno detalla que, na actualidade, é posible solicitar a devolución da retención destas prestacións percibidas en 2014 e 2015, despois dunha sentenza do Tribunal Supremo do pasado mes de outubro que ratificaba que estas axudas estaban exentas de pagar o IRPF.

De igual modo, o retido das contías percibidas entre 2016 e 2017 poderán reclamarse durante o próximo mes de xaneiro, mentres que as de 2018 irán á próxima renda.

Neste contexto, Losada destaca que Facenda investirá 1.200 millóns de euros nesta devolución, que afectará a un millón de persoas en todo o Estado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta