Vídeo: pintura contra as placas franquistas e queima da bandeira española na Coruña

Mocidade pola Independencia presenta os vídeos das accións que realizou contra a Constitución española, a monarquía e as herdanzas franquistas.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 10/12/2018 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

O colectivo Mocidade pola Independencia realizou estes días pasados unha serie de actos reixeitando a Constitución española e a monarquía, e denunciando a simboloxía franquista nas cidades.

Militantes de Mocidade pola Independencia queiman unha bandeira española na Coruña.
Militantes de Mocidade pola Independencia queiman unha bandeira española na Coruña.

As accións tiveron lugar na Coruña, onde os mozos independentistas percorreron as rúas para lanzar pintura sobre placas conmemorativas do franquismo e arrincar e queimar bandeiras españolas.

"Esvaziar as datas de conteúdo político implica perder parte da nossa memoria de luita, por isso cremos que homenagear no 40 aniversário do pacto entre élites chamado “transiçom democrática” a quenes desafiárom o poder imposto nom é um exercicio nostálgico, e tampouco umha liçom de história. Lembrar hoje a Elvira Bao, Begnino Andrade, Gomes Gaioso, Pedro Galán e ao conjunto das retaliadas do franquismo na nossa cidade é integrar o seu compromisso antifascista e republicano na nossa construçom movimentistica e serve para encardirnar com mais garantias de sucesso a luita da mocidade independentista na Corunha. Somos polas que forom, somos polas que ainda tenhem que nascer!", argúen os independentistas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta