Reivindican un "tren de calidade" para a área metropolitana da Coruña

A Plataforma pola Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas esixe que se estableza un tren de cercanías na comarca da Coruña e que se melloren as liñas existentes. Apuntan ás posibilidades deste medio de transporte como alternativa aos desprazamentos en vehículo privado.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 10/12/2018 | Actualizada ás 12:36

Comparte esta noticia

A Plataforma pola Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas convoca un acto reinvindicativo para demandar a implantación dun tren de cercanías na comarca da Coruña e a mellora da liña A Coruña–Ferrol, A Coruña-Lugo e Ferrol-Ribadeo. A acción, prevista para o domingo 16, consistirá nunha viaxe en tren ata Betanzos, que partirá da Coruña ás 10.50h e de Ferrol ás 8.54h. Na estación da Coruña realizarán unha concentración ás 10.30h, xusto antes de emprender o traxecto. A esta viaxe convidaron a todos os concellos polos que pasa o tren entre A Coruña, Ferrol e Ribadeo. É un xeito, din, de involucralos tamén nunha demandas que “son fundamentais para a mobilidade de toda a zona”.

Tren de proximidade
Tren de proximidade

O acto en Betanzos consistirá nunha marcha entre a estación e a praza dos Irmáns Naveira. Alí haberá, ás 12.00h, un acto reivindicativo onde lerán un manifesto e tamén contarán cunha actuación musical. Para a Plataforma, o abandono da liña ferroviaria é un “despilfarro de cartos públicos porque podería dar un servizo de calidade a máis de 600.000 persoas, reducindo o custe medioambiental dos desprazamentos por estrada en vehículo privado”. A Plataforma reclama arranxar e mellorar as liñas existentes, electrificalas, engadir ou reabrir apeadeiros, incrementar as frecuencias e adaptar os horarios, o cal permitiría contar cun servizo de ferrocarril de calidade e sostible.

A entidade comenta que seguirán desenvolvendo accións para dar a coñecer á xente as posibilidades que ten o tren, unha vez que as infraestruturas xa están feitas. Piden a implicación de todas as organizacións políticas, sociais e sindicais, así como dos medios de comunicación, para que lles dean visibilidade ás súas demandas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 anonimo

Insistamos en que a liña Coruña - Ferrol non está " abandonada": a vía está en bó estado, e ten CTC. Non se trata de " arranxala", senón que sen un cambio do seu trazado non se poden millorar os tempos de viaxe, e non pode ser competitiva. E o trazado o que limita a velocidade.

1 anonimo

Sen un cambio de trazado na liña Coruña - Ferrol, é imposible mellorar os tempos de viaxe. Cousa que tampouco íase conseguir electrificando, porque o trazado so permite velocidades baixas. Fai falta un bye pass en Infesta. E, ademáis, un tren de cercanías, con moitas paradas, non conseguiría facer Coruña - Ferrol nun tempo competitivo. De dúas, unha, ou un tren rápido entre Coruña e Ferrol ,ou un tren de cercanías que pare en todas as estacións: as dúas opcións son incompatibles entre si.