Villares defende que as primarias de En Marea se poidan facer "pronto e ben"

Lembra que non hai que repetir casos como o das primarias de Podemos en Leganés, que se anularon despois da votación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2018 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea e candidato á reelección no cargo no partido instrumental, Luís Villares, volveu a defender que as primarias para a renovación dos órganos de dirección deben facerse canto antes unha vez "a comisión de garantías levante os reparos" após as denuncias de posibles inxerencias no censo.

Luís Villares Presenta A súa Candidatura Ao Consello De En Marea. Europa Press
Luís Villares Presenta A súa Candidatura Ao Consello De En Marea. Europa Press | Fonte: Europa Press

Iso si, Villares lanzou de novo a mesma advertencia que en días pasados, cando se suspendeu a votación: "Facelas pronto e facelas ben". Neste sentido, volveu a lembrar o caso das primarias de Podemos en Leganés, que se anularon despois da votación, un escenario que ve máis prexudicial que tomar cautelas de forma previa aos resultados.

"O primeiro desexo e de todo o mundo é votar e con garantías, se para iso é necesario suspender o proceso unhas semanas, non se pode estar en contra diso", indicou Villares a preguntas dos xornalistas este luns. Así, afirmou que "o primeiro interesado" é el mesmo.

O portavoz de En Marea incidiu en que non lle "corresponde" a el dar unha data para a celebración das primarias internas, suspendidas a unhas horas de que o día 30 comezasen as votacións. Así mesmo, defendeu que hai que "respectar" o ámbito de "competencia" da comisión de garantías e do comité electoral, algo que dixo facer.

Para Villares, é preciso votar "en canto se poida restablecer a confianza no sistema de votación", xa que non se pode "estar indefinidamente" nesta situación. Neste sentido, augurou que a auditoría podería facer "recomendacións" para mellorar a seguridade.

Tamén preguntado polos informes, sostivo que a auditoría "dirá ou non dirá" se houbo unha fenda de seguridade. Así as cousas, sentenciou que, en canto "restáurense" as garantías, por el que non pasen "nin medio día" en que se poida votar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta