Excarcerada unha condutora en Ortigueira tras chocar contra a varanda da estrada pola que circulaba

O suceso ocorreu sobre as dez da mañá deste luns no lugar de Cuíña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2018 | Actualizada ás 22:16

Comparte esta noticia

Unha muller tivo que ser excarcerada este luns tras quedar atrapada no interior do vehículo que conducía e que chocou contra a varanda da estrada que enlaza Ortigueira e Espasante.

Vehículo da Garda Civil. GUARDIA CIVIL
Vehículo da Garda Civil. GUARDIA CIVIL

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 10,00 horas deste luns, á altura de Cuíña, onde o vehículo que conducía a vítima saíu da estrada e chocou contra a varanda.

Até a zona desprazáronse os Bombeiros do Eume, membros do GES da localidade e os axentes da Garda Civil Tráfico e da Policía Local. A muller foi evacuada por persoal sanitario do 061.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta