Lidia Senra: "Preocupa que cando se pretende debater sobre a saúde das mulleres monten un espectáculo con falsidades"

A eurodeputada Lidia Senra anunciaba o luns día 10 a cancelación da xornada "Muller e Saúde" que se clebraría o sábado día 15 no Marco de Vigo. Segundo Senra pode haber intereses que presionan para que xornadas como a anunciada non saian adiante e non se poda falar de determinados temas segundo as temáticas que abordan.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2018 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

-Cales pensa que foron os motivos expostos desde o Concello de Vigo ao museo Marco para cancelar a xornada “Muller e Saúde”?
Éme moi difícil saber que motivos lle deron ao Marco de Vigo desde o Concello. Agora ben, o que é unha realidade é que isto vulnera o dereito á liberdade de expresión, penso que iso en democracia non debería estar permitido. Os motivos de certo, os de verdade, pois non os coñezo.

Lidia Senra no Parlamento Europeo
Lidia Senra no Parlamento Europeo

-E os que lle deron desde o Marco a vostede?
Desde o Marco fan referencia a toda a polémica que se xenerou arredor da xornada. Iso a nós parécenos lamentable, porque esta xornada era sobre mulleres e saúde. En ningún momento se falou de que fose unha xornada antivacinas, como se dixo desde determinados medios, e insisto, parécenos moi lamentable que se fagan este tipo de ataques gratuitos.

-Na súa opinión, que intereses cre que hai detrás destas presións?
Nós cremos que hai uns intereses moi poderosos dos laboratorios. Teñen uns intereses moi fortes en que en ningún momento se cuestionen os problemas que poden estar xenerando. Aquí sempre fago unha reflexión. Se calquera medicamento ten uns efectos secundarios, o mellor será recoñecelos e traballar para solucionalos e superalos. Tamén para mellorar  o efecto dese medicamento. Entón non entendemos por que se xeneran este tipo de polémicas cando a preocupación de todo o mundo, incluíndo fabricantes de medicamentos, debería ser o mesmo. Entón un pensa se, como noutros ordes da vida, se non se estarán poñendo os intereses do capital sobre os intereses das persoas.

-Cre que eses intereses foron os que instaron ao goberno bipartito a instaurar esa vacina dunha maneira case inmediato?
Creo que este tema non se debe abordar desta maneira. Estamos falando de que se atenda os problemas que poden causar os medicamentos en xeral. Iso é o que move a miña actividade, e por iso quero lembrar que cando se constituiu esta comisión, Medioambiente e Saúde Pública, no ano 2014, a proposta inicial era sacar a Axencia Europea do Medicamento da Dirección Xeral de Saúde e pasala á Dirección Xeral de Industria. Esa era a proposta do señor Junker sobre a mesa. Por que? Porque hai uns interese da industria en acurtar os prazos das autorizacións de medicamentos. A nós todo ese tema nós preocupa. Por iso escribimos unha carta no seu día a Junker, e as presións parlamentarias e as da sociedade, fixeron que a Axencia Europea do Medicamento seguise na Dirección Xeral de Saúde non pasase para a de Industria, tal como propuxera o señor Junker.

-Cre que tamén é unha campaña contra a súa persoa?
Realmente non o sei. Mais preocupa un pouco que por exemplo cando se pretende debater sobre a saúde das mulleres, monten tal espectáculo con falsedades, porque repito, esta xornada en ningún  momento era unha xornada contra as vacinas. Mais chama a atención que non se organice algo tan forte, como por exemplo cando a Axencia Internacional da Investigación do Cancro sinala o glifosato como elemento posiblemente canceríxeno, e a Comisión Europea decide manter exactamente igual a súa comercialización, cando se estaba discutindo o proceso de autorización de renovación para comercializalo. Entón hai cousas que realmente non se entenden moi ben. Por outra banda, cando se fala de que as miñas opinións poden ter grande influencia na sociedade, e que este tipo de actos non se poden facer, pregúntome por que desde algún medio se lle dá tanta importancia a unha charla, que se a tratasen mediaticamente todas as miñas actividades, que son moitas, pois tería unha repercusión limitada. Entón hai cousas que non se entenden moi ben.

-Tanto poder pode ter un medio para facer presión sobre un goberno municipal?
Non o sei, pero é chamativo que un goberno presidido por un partido que se di democrático, cancele unha charla sobre a saúde das mulleres.

-Cre que pode haber temor desde o goberno municipal á campaña que lle poda facer ese medio de cara as eleccións municipais?
Iso tería que preguntarllo ao Concello, porque eu descoñezo cales serán as causas polas que toma unha decisión antidemocrática.

-A pregunta xurde por si mesma, vostede é favorable ás vacinas ou non?
Nunca tiven unha postura contraria ás vacinas e quen diga que, durante o exercicio das miñas funcións, como deputada, tiven unha posición contraria, terá que demostrala.

-Onte a Asociación de Afectadas pola Vacina do Papiloma reflectía nun comunicado o seu parecer sobre a cancelación do acto e a súa posición que non é contraria ás vacinas. Ve difícil que os puntos que expoñen no comunicado teñan repercusión?
Creo que é obvio. Se hai unha asociación de persoas afectadas pola vacina do papiloma humano, será porque se vacinaron. Entón acusalas de antivacinas é deformar totalmente a realidade. Insisto, cando hai problemas cun medicamento, o lóxico é que se recoñezan e se traballe desde todos os ámbitos para mellorar a situación e o medicamento.

-A xornada é tamén trataría a violencia obstétrica. Está moi extendido este tipo de violencia na rede sanitaria galega?
É un tema que imos coñecer da man de persoas expertas. En todo caso é un tema que preocupa e está sendo obxecto de debates e charlas en foros organizados por asociacións diferentes.

-Como describiría esa violencia, por que se manifesta e cal é a finalidade desa violencia?
O problema que xurde é que non se ten en conta a situación e perspectiva das mulleres. Entón, estamos facendo todo baixo uns criterios masculinos. Creo que unha das cuestións importante para debater é a realidade específica das mulleres e por que determinadas actitudes de cara as mulleres significan violencia. De todo iso debateremos, pero non vou dar a miña opinión porque son temas que se debaterán e de aí sairán unhas conclusións.

-Todas estas cuestións relacionadas coa muller na sociedade e os cambios que haxa que realizar, daranlle azos para presentarse de novo ao Parlamento Europeo?
O de presentarme aínda teño que decidilo persoalmente, non pecho a porta a facelo pero tampouco o decidín. Valorareino no seu momento como cando se me fixo a proposta en 2014. Queda traballo por facer, claro, somos un grupo pequeno e mentres haxa iniciativas contrarias á maioría da sociedade, haberá traballo dentro e fóra das institucións.

-Terá repercusión sobre a súa candidatura as actuais circunstancias que envolven o desenvolvemento de En Marea?
As circunstancias actuais non teñen repercusión sobre todo isto. Simplemente valorarei se me presento, se o fago haberá un proceso de primarias e aí decidirá quen teña capacidade de voto nesas primarias. Eu véxoo así.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

10 anonimo

Para debater dos problemas de saude das mulleres ( ou dos homes) é aconsellable ser un profesional da sanidade., ou ter especiais coñecementos sanitarios. Lidia Senra, nen una cousa nen outra. Hai xente que pensa que ten a exclusiva de falar do que sexa, polo feito de ser o que son.

9 De Galicia

Anteayer falleció un crío en Vigo durante un parto en casa. Se presentó una complicación que en cualquier hospital se habría solucionado ipso facto, pero que en una casa no de puede resover por falta de medios. Este es el problema de las pseudoterapias azuzadas por ciertos políticos irresponsables. https://www.lavozdegalicia.es/notic...

8 Enrique Castro

Lo que no me parece normal ni serio es que esta Sra. siga de eurodiputada defendiendo "pseudoterapias" que la comunidad científica por unanimidad considera peligrosas para la salud pública. Un poco de dignidad. Un poco de cultura y sobretodo un poco de honestidad le vendrían bien.

7 Vai marearte por ai

Se no sindicato dela montaron xornadas ata contra as vacinas das vacas... E agora di que Pamies é unha vítima ao que non se respectou a liberdade de expresión.

6 Cruña

A proposta sanitaria da Lidia é recurrir ao chamán de todala vida é os seus conxuros xunto con unha boa pregaria a Prisciliano.