Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/12/2018 | Actualizada ás 14:16
A película 'Trinta lumes' da cineasta galega Diana Toucedo (natural de Redondela, Pontevedra) foi nomeada na categoría de mellor documental nos XI Premis Gaudí. Competirá con 'Comandant Arian', de Alba Sotorra; 'Petitet', de Carles Bosch; e 'I hate New York', de Gustavo Sánchez.
'Trinta lumes' é unha cinta de non ficción que retrata a vida nas montañas do Courel (Lugo) e que introduce unha historia arredor da vida e da morte. Foi presentada na Berlinale este ano e por agora xa logrou numerosos premios. Este mércores será proxectada no festival Novos Cinemas de Pontevedra.
PREMIS GAUDÍ
As películas 'Entre dos aguas', de Isaki Lacuesta; 'Viaje al cuarto de una madre', de Celia Rico; e 'El fotógrafo de Mauthausen', de Mar Targarona, encabezan os nomeamentos destes galardóns con nove candidaturas.
Séguenas 'Petra', de Jaime Rosales, con oito, e 'Les distàncies', de Elena Trapé, con sete candidaturas. Así o revelaron os intérpretes Núria Prims e David Verdaguer na lectura de nomeamentos este martes na Pedrera de Barcelona.
Un total de 36 títulos optan ás 22 categorías dos premios do cinema catalán, que se entregarán o 27 de xaneiro no Palau de Congressos de Catalunya nunha gala presentada por Mag Lari. As votacións dos académicos iniciaranse o 3 de xaneiro
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.