Marta Míguez sobre o seu relevo na Xunta: “Eu non podo explicar unha decisión que non tomei”

A aínda secretaria xeral para o Deporte di que falará se se “consolida esta historia" do seu relevo por José Ramón Lete Lasa. “Toda a miña vida foi nun mundo de homes e dun deporte que está pensado para homes”, salienta.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/12/2018 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

“Eu non podo explicar os motivos porque esa decisión non a tomei eu e, polo tanto, as decisións que non tomei eu non me corresponden explicalas”. Con esta contundencia referiuse Ana Míguez, a aínda secretaria xeral para o Deporte, sobre o seu posible relevo que este martes daba xa por feito La Voz de Galicia e que causou un fondo malestar no mundo do deporte galego.

De feito, Míguez deu a entender que xa foi informada da decisión do presidente da Xunta de substituíla por José Ramón Lete Lasa pero evitou referirse a iso. “Diso é do que non vou falar. Eu vou ser leal ata o último día e ata o último minuto das premisas que se me deron e ata o xoves, se é que se consolida esta historia, pois estaremos máis libres para falar do que nos pareza”, apuntou en declaracións aos medios antes de asistir a un acto suliñando que se é cesada falará libremente.

Marta Míguez, secretaria xeral para o Deporte
Marta Míguez, secretaria xeral para o Deporte | Fonte: xunta.gal

"NON O PODO DICIR MÁIS CLARO"

Con todo, Míguez indicou que se a botan “lamentará moitisimo” a decisión. “Non o podo dicir máis claro porque, se iso é así, lamentareino moito”, indicou. Así destacou que lle encanta o seu traballo “o contacto cos clubes, coas deportistas, axudar, todo o que rodea o mundo do deporte e servir, porque nós estamos para traballar e para servir, non para que nos sirvan”.

A secretaria xeral suliñou que, desde onte, recibiu numerosas mensaxes, mensaxes en whatssapp, chamadas de teléfono. “Moitas non as puiden atender e emocioname moitisimo o que me din os deportistas porque teño un contacto moi directo con eles”, engadiu.

Sobre o seu futuro indicou que “sigue traballando” porque aínda non foi cesada. “E estou no que me esperta unha paixón absoluta, o deporte. Sigo traballando cos deportistas e non pode haber un destino mellor que este”, afirmou sobre a súa situación actual. E se a cesan, que vai facer?, preguntáronlle. Irá ao Consello Municipal de Deportes de Ourense, onde ten praza de coordinadora de deportes. Porque como non cansou de repetir, “toda a miña vida foi traballar nun mundo de homes e de deporte, que máis ben está pensado para homes”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta