Noriega desaproba a "xudicialización" do conflito de En Marea

O alcalde de Santiago cre que "non é positivo" seguir por este camiño, logo de que membros da coordinadora anunciaran que ían denunciar o Comité Electoral ante a Fiscalía polas presuntas irregularidades no acceso ao censo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2018 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, cualificou de "inexplicables" os comportamentos de membros da coordinadora de En Marea que este mesmo mércores avanzaban que presentarán unha denuncia ante Fiscalía contra as persoas do comité electoral que cometeron presuntas irregularidades ao acceder de maneira "non autorizada" ao censo do partido instrumental.

Martiño Noriega, alcalde de Santiago de Compostela
Martiño Noriega, alcalde de Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

Horas despois de que o responsable legal de En Marea ante a Axencia Española de Protección de Datos, Gonzalo Rodríguez, efectuase este anuncio en declaracións á Radio Galega, Noriega afirmou que a "xudicialización" do conflito aberto en En Marea a raíz do proceso de primarias "non é positiva".

O líder de Compostela Aberta, marea municipalista que orixinou a candidatura 'Entre Todas'  e que rivaliza coa actual dirección do partido que encabeza Villares, incidiu en que non quere "participar" coas súas declaracións nunha situación que, ao seu xuízo, "non está á a altura do que necesita a sociedade galega".

"Non temos tempo para bobadas", remarcou despois de apuntar que Compostela Aberta está centrada en "traballar no espazo local" de cara á cita coas urnas do próximo mes de maio. Aclarou que aspiran a revalidar o goberno da capital galega e avanzar cara a "pechar o círculo de oito anos".

Por iso, defende que Compostela Aberta actuou "de maneira responsable" ao longo dos últimos meses e insiste en desligar o que ocorre no espazo político a nivel galego coa realidade das mareas municipalistas. "Os espazos locais están consolidados, non porque o diga a demoscopia, senón porque o palpamos", aseverou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 SomosSiniestroTotal

"Tirar la piedra/ y esconder la mano/ no lo hacemos nunca/ si no está justificado"