Xornalistas galegos apoian aos seus compañeiros de Mallorca tras a intervención xudicial de varios medios

Adherironse ao manifesto promovido pola Associació de Periodistes de les Illes Balears (APIB) e do Sindicat de Periodistes de les Illes Balears (SPIB) nos que piden unha información con "garantías de independencia e liberdade".

Por Galicia Confidencial | | 12/12/2018 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O Colexio profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), así como varios xornalistas a título persoal, entre eles, o director de Galicia Confidencial, Xurxo Salgado, adherironse ao manifesto promovido pola Associació de Periodistes de les Illes Balears (APIB) e apoiado polo Sindicat de Periodistes de les Illes Balears (SPIB) para esixir o respecto ao exercicio dos xornalistas tras a intervención xudicial en varios medios desta autonomía.

Protesta de xornalistas do Sindicat de Periodistes de les Illes Balears (SPIB
Protesta de xornalistas do Sindicat de Periodistes de les Illes Balears (SPIB | Fonte: SPIB

O APIB pide respecto para os profesionais da información con “garantías de independencia e liberdade”, o que implica, di, “velar polo seu dereito constitucional do segredo profesional”. Fano logo do rexistro policial e a incautación xudicial de computadores, móbiles e documentación a xornalistas de Europa Press Baleares e Diario de Mallorca para identificar unha fonte de informacións nun caso de corrupción.

“Isto supón un grave atentado contra a Liberdade de Prensa”, apunta este sindicato. “Soubemos tamén que a policía xudicial requiriu documentos a EFE hai algunhas semanas e pediu a unha xornalista de axénciaa información sobre as súas fontes”, engade.

Ata o momento, son case 150 xornalistas ou entidades as que deron apoio ao manifesto no que reclman o respecto a un “xornalismo libre, alicerce básico nunha democracia”, e piden á Fiscalía Xeral do Estado que retire o seu apoio a estas actuacións coercitivas cara aos xornalistas que informan sobre casos relevantes de corrupción.

Para adherirse ao presente Manifesto, enviar email con nome completo e cargo/profesión a aperiodistasib@gmail.com.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta