Revolución no mundo do deporte: “É a primeira vez na miña vida que odio a Feijóo”

Presidentes de deportes minoritarios falaron de dimitir tras coñecer a decisión do presidente galego de cesar á secretaria xeral para o Deporte. A súa substitución por Lete Lasa foi unha “sorpresa desagradable” para a maioría das federacións. Todos destacan o traballo, a profesionalidade e a implicación de Míguez.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 12/12/2018 | Actualizada ás 22:05

Comparte esta noticia

O mundo do deporte non acaba de encaixar a posibilidade de que a aínda secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, deixe esta responsabilidade para dar entrada a José Ramón Lete Lasa. De feito, foi tal o malestar xerado que presidentes de distintas federacións de deportes minoritarios mesmo abordaron a posibilidade de dimitir en masa en solidariedade coa deportista olímpica ourensá se é cesada das súas funcións.

Feijóo, Lete Lasa e Marta Míguez, na toma de posesión do cargo desta última
Feijóo, Lete Lasa e Marta Míguez, na toma de posesión do cargo desta última | Fonte: Xunta.gal

E o certo é que Míguez destacou, desde que chegou ao seu posto, por un traballo incansable co conxunto dos deportes e das federacións, especialmente, con aqueles deportes considerados minoritarios.  “Con ela tiñamos un apoio moi potente”, comenta apenado  e moi enfadado Carlos Noya, presidente da Federación Galega de Squash.

Distintas fontes consultadas por GC coinciden en destacar  o bo traballo da deportista ourensá e, sobre todo, o seu “bo facer” nunha secretaría “difícil”. “Eu non podo explicar os motivos porque esa decisión non a tomei eu e, polo tanto, as decisións que non tomei eu non me corresponden explicalas”. Con esta contundencia referiuse Ana Míguez, ao seu posible relevo. Uns motivos que tamén din descoñecer distintas federacións de deportes consultadas.

CRÍTICAS A FEIJÓO

Carlos Noya cualifica de “inxusta e frívola” a súa saída. “Sería unha perda incomprensible. É algo que non podo intender, nin dixerir porque non hai razóns lóxicas”, asegura. “Como cidadán e deportista non podo entender porque a botan”, asegura ao suliñar o carácter traballador, entusiasta e colaborativo de Míguez.

Visita á cova do Rei Cintolo da secreterai xeral para o Deporte, Marta Míguez
Visita á cova do Rei Cintolo da secreterai xeral para o Deporte, Marta Míguez | Fonte: AXM

“É a primeira vez na miña vida que odio a Feijóo”, asegura contundente e moi enfadado Noya que segue sen explicarse como é posible que se tomen este tipo de decisións no mundo do deporte. "Son hosteleiro, non vivo disto, por iso digo isto e non me importa que o poñas. E que estou moi decepcionado", asegura.  E lembra os consellos que Míguez aportou para un deporte que, aínda que minoritario, ten un seguemento crecemente. 

Así, destaca o seu apoio ás promesas destes deportes “pequenos” como a Borja Golán, o mellor deportista español de Squash, e tamén aos máis novos. “Sempre aportaba ideas, ilusión, forza e, sobre todo, a súa experiencia como deportista de élite”, suliña.

SORPRESAS “DESAGRADABLES”

“A verdade é que é un sorpresa ben desagradable que se marcha”, comenta Óscar Fenández, presidente da Federación Galega de Halterofilia, un deporte minoritario en Galicia, pero para o que Marta Míguez tivo “apoio e adicación”. “A min persoalmente a súa saída non me parece correcta. Supoño que aí hai presións políticas porque iso é un tema que depende da Presidencia da Xunta”, salienta.

Fernández destaca que Míguez foi unha persoa que “axudou bastante” á Halterofilia e ao mundo do deporte en xeral. Con el coincide tamén Carlos, da Federación de Montañismo, que destaca a “profesionalidade” da secretaria xeral no desempeño do seu traballo. “Notabase que ela era unha deportista, unha boa deportista, de élite, olímpica”, asegura.

APOIO DE LOUZÁN

O propio presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, ex presidente da Deputación de Pontevedra, recoñecía este mércores o traballo de Míguez. “Quero deixar claro e transmitir esa cercanía polo deporte, polo traballo e pola dispoñibilidade total de Marta”, dixo nun acto en Santiago no que estaba a secretaria xeral.

“Síntome na obriga de dicir que referencias como a de Marta Míguez son moi necesarias e, especialmente, no ámbito do deporte. Noraboa e ógalla teñamos moitas máis persoas coma ela facendo esa entrañable labor de adicarse aos demais”, destacaba Louzán.

Tamén fontes consultadas da Federación de Ximnasia e de Atletismo amosaron a súa sopresa polas noticias que apuntan a súa saída. “É unha persoa que sempre axudou ao deporte”, apuntan desde a primeira. “É metódica e moi disposta a botar sempre unha man”, din desde a segunda.

APAGOU OS LUMES DE LETE LASA

Con todas as federacións tivo sempre un bo trato. De feito, foi ela a encargada de apagar o lume que quedou aceso logo da marcha de José Ramón Lete á Madrid, tras fichar por Rajoy para dirixir o Consejo Superior de Deportes. En abril de 2017, trinta asociacións facían público un escrito no que denunciaban o forte descenso de axudas, de case un 50%, nos sete anos anteriores. Anos que coincidiron co vasco ao fronte deste departamento. 

Desde entón, o seu traballo foi pausado, pero contundente, para apaciguar o malestar nas federación. E é algo que destacan desde estas entidades. Aumentou un 26% o orzamento xeral da Secretaría Xeral para o Deporte e un 18% os orzamentos destinados a federacións deportivas e entidades. Tamén incrementou nun 152% as obras e mellora de instalacións deportivas e realizou convenios para  por a disposición das 58 federacións deportivas galegas as instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

A CHEGADA DE LETE LASA

Sobre a volta de Lete Lasa, varias das fontes consultadas destacan que chega “por motivos políticos” e pola súa amistade con Feijóo xa que o seu perfil nada ten que ver co de Marta Míguez. “Marta é unha deportista, unha profesional do Deportes, Lete é un político”, aseguran.

“A este gústalle moito aparentar”, aseguran del. “Xa convivín con el cando era presidente e mellor non vou dar a opinión que teño del. Hai unha diferencia abismal entre Marta e el”, apuntan do futuro presidente que volta para unha casa que deixou en 2016 para unha aventura en Madrid que, finalmente, non funcionou.

A Secretaria Xeral de Deporte Marta Míguez  o domingo 9 de Decembro nun partido de fútbol gaélico
A Secretaria Xeral de Deporte Marta Míguez o domingo 9 de Decembro nun partido de fútbol gaélico
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 M.P.S.

Estou dacordo. Como Marta marche desa maneira hai que facer algo. Teriamos que unirnos para demostrar que non nos poden mangonear dese xeito. Un grupo de xente estamos xa tentando mover un manifesto. Materemosvos avisad@s.

1 lóstrego

Se non vos gusta, botádelle azúcre. Os cárregos políticos van e veñen segundo seu partido.

2 Cruña

El titular es todo un argumento de peso, toma ya. Tampoco puede decirse que esté redactado por gente del BNG, ya que esos odian siempre a todo el mundo que no pertenezca a la secta upegalla.

1 Carlos N

Si esto es así es un escándalo de proporciones mayúsculas. Habrá que pedir explicaciones a quien corresponda porque el señor Lete non puede pensar que puede venir a hacer y deshacer a su antojo en el mundo del deporte. Una vergüenza lo que está pasando.

1 Celso

Lete ben por ser intimo de Feijoo e hay que darlle de chupar o quedar sin cargo en Madrid.O saber de deporte e o de menos.