A militancia do BNG dá luz verde a unha candidatura conxunta con ERC e EH-Bildu nas europeas

A proposición, debatida en asembleas locais, recibiu o apoio do 90 por cento das bases.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/12/2018 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

A militancia do Bloque Nacionalista Galego apoiou a proposta da dirección frontista para concorrer ás eleccións europeas do próximo mes de maio nunha candidatura conxunta con EH-Bildu e Esquerra Republicana de Catalunya (ERC). Deste xeito, as bases do BNG apoiaron "por unha ampla maioría superior ao 90 por cento" a opción de presentarse ás europeas a través dunha coalición de carácter instrumental na que estarán representadas as "forzas soberanistas das tres nacións sen estado: Galicia, Euskadi e Cataluña".

Reunión de BNG, Bildu e ERC en Santiago de Compostela para abordar unha lista. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
Reunión de BNG, Bildu e ERC en Santiago de Compostela para abordar unha lista. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO | Fonte: Europa Press

Logo de que a proposta da dirección da formación frontista saíse adiante nas asembleas locais, o Consello Nacional do BNG —máximo órgano de dirección— ratificará a decisión na súa reunión deste sábado.

Así, BNG, ERC e EH-Bildu irán conxuntamente ás eleccións do próximo 26 de maio a través dunha coalición de carácter instrumental, polo que cada partido desenvolverá "a súa propia campaña, co seu programa específico e con candidatos propios en función exclusiva dos intereses de Galicia", sinala a formación que lidera Ana Pontón.

A dirección do BNG subliña que, ao tratarse dunha cita electoral con circunscripción estatal, a candidatura conxunta dos partidos nacionalistas "representa unha garantía real de defensa do pobo galego na Eurocámara sen condicionamietos alleos".

"A alianza con forzas políticas vascas e catalás é unha aposta estratéxica para o nacionalismo galego desde hai case un século, que vai moito máis alá da conxuntura electoral", resalta o BNG, que se presentou ás europeas de 2015 baixo a candidatura 'Os pobos deciden', na que participaban EH-Bildu, Puyalón de Cuchas, Andecha Astur, Alternativa Nacionalista Canaria (ANC) e Unidade do Pobo (UP).

Dita candidatura obtivo case 326.500 votos —un 2,08% do total de España e e un 7,8% en Galicia—. Este resultado permitiulles facerse cunha acta de deputado que, en virtude dos acordos alcanzados entre as formacións que integraban a candidatura, rotou entre EH-Bildu e BNG. A galega Ana Miranda ocupa o euroescano desde febreiro de 2018 após substituír ao vasco Josu Juaristi, parlamentario durante máis da metade da lexislatura.

PROGRAMA

O Bloque fixa como obxectivos programáticos "a defensa de Galicia como nación, o dereito do pobo galego a decidir libremente o seu futuro e a súa soberanía política", así como "a defensa dos intereses do país, da súa capacidade produtiva, de xeración de riqueza e emprego digno na terra".

Así mesmo, tamén establece como prioridades "combater o modelo ultraliberal da UE e defensa dos principios democráticos, da soberanía e independencia dos pobos, da paz, dos dereitos humanos e dereitos fundamentais, da igualdade, da xustiza e da cooperación entre os pobos en pé de igualdade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Cruña

Vergoñenta xuntanza de golpistas, herdeiros da ETA e a secta upegalla

2 LIBERDADE NON A EXPAÑA

para min debería ser una candidatura de todolos nacionalistas do estado expañol (tamen canarios, andaluces, e castelans, e outros pequenos partidos) e debía ser todo lamento que non se produza e que deberían estar tamen pnv, partido demócrata de catalunña e cxg e outra forzas xa digo... deberon entenderse primeiro os catalans entre eles mesmos... UN FRONTE FEDERAL QUE PERMITA VISUALIZAR A OPOSIICÓN A EXPAÑA - expaña debe ser destruida e os pobos serán ceibes - a monoarquia e mais e mais burgalesa... mais dereitista, mais expañolista... agora contra catalunña... lamentabel... e ainda xente da marea e podreiros partidaria da unión de expaña... TEMOS OS CAMPOS DE MILLO, E OS CAMPOS SON NOSOS, E AS RATAS E AS RATAS SON DELES!!!

1 nostrus

Tu comentario es un gran contrasentido, porque por una parte expresas la voluntad de unirse todos los pueblos y a la vez destruir España, ¿como es posible tanta incongruencia?, ¿quienes son los que te estorban?, probablemente esos a los que odias sean mejores que tu. Lo que tu planteas es un absurdo porque seria una union de gente que se odia y entre gente que se odia no se construye nada.

1 limico

Adiante BNG!!!! As tres nacións sen estado serán mais fortes se camiñan unidas.

1 nostrus

unidas xa estan agora formando parte dese gran pais chamado ESPAÑA.