As reservas do grupo sanguíneo A Positivo en Galicia están en estado crítico

Para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos son necesarias 500 doazóns de sangue por día.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2018 | Actualizada ás 16:51

Comparte esta noticia

As reservas do grupo sanguíneo A Positivo (A+) atópanse en nivel crítico en Galicia, mentres que as de Cero Negativo (0-) e Cero Positivo (0+) están baixas e a da Negativo (A-) permanece normal, segundo a información facilitada este xoves pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia, agora Axencia de Doazón
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia, agora Axencia de Doazón

ADOS lembra que para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos son necesarias 500 doazóns de sangue cada día, polo que subliña a importancia de acudir a doar de todos os grupos sanguíneos.

Co fin de facilitar a doazón, o vindeiro luns, 17 de decembro, ADOS desprazará unidades móbiles aos municipios coruñeses de Fene --diante do centro de saúde--, Oleiros --Agrupación Guardia Civil de Tráfico--, Malpica de Bergantiños --fronte á Casa do Pescador-- e Santiago --Área Central--.

Tamén o luns haberá unidades na localidade luguesa do Valadouro e na cidade de Ourense --Barrio Portocarreiro e Barrio Vista Fermosa--. Así mesmo, o luns unidades móbiles acudirán aos concellos pontevedreses de Vila de Cruces --á beira do Consistorio--, Ponteareas --Rúa Concha Brey-- e Vigo --rúa Príncipe--.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta