O Consello das Mareas tentará o sábado unha solución que permita "incrementar as garantías" nas votacións

Así, a dirección confía en que a Comisión de garantías poida "levantar a maior parte dos reparos presentados no seu día".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2018 | Actualizada ás 21:10

Comparte esta noticia

A coordinadora de En Marea convocou este xoves ao Consello das Mareas, máximo órgano político da organización, para abordar o vindeiro sábado "unha serie de solucións técnicas" orientadas a "incrementar as garantías" nas votacións e "cumprir" os "requisitos apuntados no seu día pola Comisión de ética e garantías", que motivaron a suspensión dos comicios o pasado 1 de decembro.

Suspendido temporalmente o plenario de En Marea. EUROPA PRESS - Archivo
Suspendido temporalmente o plenario de En Marea. EUROPA PRESS - Archivo

A través dun comunicado, En Marea indicou que a dirección "debaterá e decidirá" sobre a implementación de medidas de seguridade relativas á propia base de datos do censo, a votación e a verificación externa do seu proceso, a confirmación do voto emitido, así como a incorporación da papeleta completa co nome das candidaturas.

Con estas propostas, a dirección confía en que a Comisión de garantías poida "levantar a maior parte dos reparos presentados no seu día" e o Comité electoral poderá marcar, "de forma inminente", unha nova data de votación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 comunista independentista

O "Consello das Mareas" villarista está en funcións dende o Plenario do finais de outubro, pero aínda non se enteraron os moi monguers.