Os prezos mantéñense estables en novembro en Galicia

Houbo un descenso dos prezos da electricidade e dos carburantes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2018 | Actualizada ás 09:55

Comparte esta noticia

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) mantívose invariable en Galicia en relación co mes anterior en novembro, mentres a inflación interanual modérase até o 1,6%, segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

IPC Galicia. EPDATA
IPC Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Esta moderación dos prezos interanuais galegos prodúcese ao pasar da taxa interanual do 2,3% que existía en outubro ao 1,6% de novembro, unha décima inferior ao avance da media española (+1,7%). No Estado, o IPC baixa un 0,1% fronte a outubro.

Estatística atribúe a caída da taxa interanual do IPC de novembro ao descenso dos prezos da electricidade, do gasóleo para calefacción, dos carburantes, dos paquetes turísticos, e dalgúns alimentos, como as froitas e o aceite.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta