O BNG aproba os orzamentos do Concello de Pontevedra coa abstención da Marea e PSdeG

PP e Ciudadanos, únicas forzas que se opuxeron.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2018 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

O goberno local de Pontevedra conseguiu este venres aprobar os orzamentos municipais para 2019, que ascenden a 76 millóns de euros, grazas á abstención de Marea e PSdeG. Estas formacións facilitaron que os votos dos concelleiros nacionalistas sumasen a maioría necesaria fronte á oposición do PP e Ciudadanos.

Miguel Fernández Lores. EUROPA PRESS - Archivo
Miguel Fernández Lores. EUROPA PRESS - Archivo

Os socialistas acordaran as súas emendas co equipo de goberno do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores mentres que os dous edís de Marea mantiveron a súa abstención a pesar de que o Bloque rexeitou as súas propostas.

O concelleiro responsable de Facenda, Raimundo González, defendeu estas contas como "espectaculares" porque, entre outras cuestións, permitirán crear 1.093 postos de traballo na cidade. Así, xunto aos investimentos ligados ao contrato da auga convértenos, ao seu xuízo, nos "mellores presupostos da historia" para Pontevedra.

Fronte a iso, o portavoz do grupo municipal do PP, Rafael Domínguez, cualificou as contas como "malas" para o rural dado que "todos os investimentos van ao centro", "pésimos para os servizos sociais" e "pírricos en investimento" ao deducir deste capítulo do orzamento os investimentos correspondentes a empresas privadas ou a outras institucións como a Deputación ou a Xunta.

Pola súa banda, a concelleira de Ciudadanos, María Rei, criticou que os orzamentos do BNG son "máis do mesmo".

Na sesión plenaria,  no Teatro Principal, estivo un grupo de representantes dos traballadores do Concello e dos veciños do barrio de Mollabao.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta