Finaliza sen feridos un incendio que arrasou unha vivenda no Salnés

Os servizos de emerxencias estiveron traballando durante máis de 5 horas para sufocar as lapas nesta casa de Meis (Pontevedra).

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 15/12/2018 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

Un incendio iniciado na madrugada deste sábado no municipio pontevedrés de Meis calcinou por completo unha vivenda, aínda que non houbo que lamentar feridos.

Bombeiro en Vigo colabora na extinción dos lumes na cidade, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Bombeiro en Vigo colabora na extinción dos lumes na cidade, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o lume iniciouse sobre as 3.20 horas da madrugada nunha vivenda situada no número 20 da parroquia de Paradela.

Ata a zona desprazáronse os Bombeiros de Ribadumia que, coa axuda de efectivos do Parque de Vilagarcía, fixeron fronte ás lapas durante máis de cinco horas, ata que conseguiron extinguir o lume. O persoal de emerxencias tratou en todo momento de que o incendio non se propagase a un monte próximo nin a varias construcións de tipo bungalows situadas na mesma leira.

Como consecuencia da virulencia das chamas, a vivenda quedou completamente calcinada, aínda que a intervención dos equipos de extinción evitou a propagación do lume. Ningunha persoa resultou ferida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta