Ethel Vázquez pide a Fomento medidas para "paliar a discriminación" de Galicia en materia de peaxes

A conselleira de Infraestruturas ve "incomprensible" que se liberen outras autoestradas, mentres a AP-9 sore unha "subida continuada" das súas tarifas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2018 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, pediu este sábado ao Ministerio de Fomento a posta en marcha de "medidas para paliar a discriminación" que sofre Galicia en materia de peaxes.

Ethel Vázquez. XUNTA
Ethel Vázquez. XUNTA

En declaracións aos medios, Vázquez asegurou que é "incomprensible" que "se fagan anuncios de liberación de peaxes doutras autoestradas en España" e "anuncios de descontos noutras autoestradas", mentres a AP-9 sofre "unha subida continuada" das súas tarifas. 

"O que estamos a ver é unha discriminación, un agravio con Galicia", concluíu a conselleira, que solicitou un cambio nesa política de taxas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta