Atendidas seis persoas tras inhalar fume nun incendio dun piso en Caldas de Reis

Cinco delas foron evacuadas ao Hospital de Montecelo. Crese que as chamas puideron iniciarse na campá extractora da vivenda, logo de que un dos habitantes deixase unha pota ao lume.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2018 | Actualizada ás 10:53

Comparte esta noticia

Un total de seis persoas tiveron que ser atendidas na noite do sábado por inhalación de fume debido a un incendio declarado nun piso en Caldas de Reis (Pontevedra). Deles, cinco foron evacuados ao Hospital de Montecelo tras recibir os primeiros coidados na PAC da localidade.

Hospital de Montecelo, en Pontevedra
Hospital de Montecelo, en Pontevedra | Fonte: aldhos.com

Segundo indica o 112, foi un veciño o que, ás 21.30 horas do sábado, contactou coa central de emerxencias para informar dun incendio nunha vivenda situada na avenida de Pontevedra.

Seguidamente, o 112 pediu a colaboración dos bombeiros do Salnés e do GES de Valga para apagar as chamas que, posiblemente, se iniciaran na campá extractora despois de que un dos ocupantes do domicilio deixase unha tarteira ao lume.

Até o lugar tamén acudiron os axentes da Policía Local, que desaloxaron o edificio para garantir a seguridade das persoas durante as tarefas de extinción. En canto aos danos materiais do incendio, queimouse a campá e viuse afectada a parede da cociña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta