Pedro Sánchez copia da dereita extrema

Pedro Sánchez esqueceu ben axiña que a afiliación do PSOE votou por él para superaren a o foxo onde os meterá a primeira alma do PSOE (Felipe González, Alfonso Guerra, García-Page, Ybarra, Borrell, Susana Díaz et alter). As eleccións andaluzas do 2-D activaron todos os medos dos líderes territoriais socialistas. E tamén os de Sánchez-Castejón.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 16/12/2018

Comparte esta noticia

A solución para algúns baróns como os presidentes castelán-manchego García-Page ou o aragonés Lambàn é asumir o discurso da dereita extrema tripolar de Casado, Rivera e Abascal, ilegalizando os partidos soberanistas. E Pedro Sànchez, no discurso perante o Congreso o 12-D e mantendo o Consello de Ministros do 21-D en Barcelona (xa non como elemento de achegamento, senón como elemento de imperio e provocación), asumiu grande parte deste relato.

Reunión de Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo. POOL MONCLOA
Reunión de Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo. POOL MONCLOA | Fonte: FERNANDO CALVO

Porén, o Presidente do Goberno do Estado non escoita o que ven de dicir R. Zapatero nun xornal madrileño da dereita españolista ”…os soberanistas cataláns non son golpistas”,  “…animo Pedro Sánchez que siga  a dialogar…”. e “Otegui foi unha persoa clave na fin da ETA”. ZP representa a segunda alma do PSOE, hoxe seica maioritaria na Galicia, Euskadi, Cantabria, Asturies ou Illes Balears, así como en amplos segmentos do PSC e do valenciano PSPV…

Non se decata Sánchez que este xiro cara á dereita españolista é extemporáneo. En grande parte da cidadanía xa prendeu o discurso dereitista tripolar de que lle debe o cargo a Unidos-Podemos, as súas confluencias catalá e galega e aos soberanistas. Mais tamèn é desaquelada. Porque a xente escolle sempre antes o orixinal ca a copia. E porque o único espazo político baleiro na España central e meridional é a esquerda que tente explicar España en clave plurinacional, propoñendo solucións de gobernanza  en rede e respectuosas con esa pluralidade, así como asumindo o principio democrático do dereito dos pobos a decidir o seu destino.
 A arrincadeira. Segue a folga de fame da maioría dos presos políticos catalàns.

Seguen en folga de fame Jordi Sánchez, Jordi Turull, Josep Rull e Joaquim Forn.  Mentres, o Tribunal Constitucional retén a decisión sobre a continuidade de cadansúas prisións preventivas, contra a normativa da Lei de Axuizamento Criminal que obriga decidir esta caste de cuestións no prazo máximo de 30 días naturais e impedindo mentres que recorran perante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.