Temas: A CORUñA ATRACO

Atracan unha sucursal bancaria no centro da Coruña

O asalto produciuse na rúa Juan Flórez, ata onde se desprazaron efectivos policiais.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 17/12/2018 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

Un home atracou este luns unha sucursal bancaria situada na rúa Juan Flórez da Coruña, segundo confirmou a Europa Press a Policía Nacional.

Un coche patrulla da Policía Nacional. CNP - Archivo
Un coche patrulla da Policía Nacional. CNP - Archivo

O atraco produciuse no transcurso da mañá cando un home accedeu á entidade cunha arma, da que, por agora, se descoñoce se era "real ou simulada", precisaron as mesmas fontes.

Respecto da contía subtraída, a Policía Nacional informou que a cantidade de diñeiro que levou aínda está "por determinar". Ao lugar, desprazáronse efectivos policiais para investigar os feitos.

Temas: A CORUñA ATRACO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta