Como afectará o 'Brexit' ás empresas galegas?

Unha xornada formativa organizada en Santiago polo Instituto de Comercio Exterior (ICEX) analizará as consecuencias a nivel comercial, de servizos, de investimentos ou no referido á contratación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2018 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

O Instituto de Comercio Exterior (ICEX) organiza na mañá deste martes, ás 10,00 horas, en Santiago de Compostela, unha xornada formativa sobre os efectos do 'Brexit' no tecido empresarial galego.

Unha das xornadas organizadas polo ICEX, en colaboración co Foro de Marcas Renombradas Españolas e PeopleMatters coa participación de IESIDE
Unha das xornadas organizadas polo ICEX, en colaboración co Foro de Marcas Renombradas Españolas e PeopleMatters coa participación de IESIDE

O obxectivo é abordar que efectos pode ter para as compañías galegas a saída do Reino Unido da Unión Europea, en aspectos como o comercio, os servizos, os investimentos e a contratación pública.

No seminario está prevista a presenza da subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Riobóo; o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, José Sierra; o vicepresidente da Confederación de Empresarios da Coruña, Severino Ares; a delegada especial da Axencia Tributaria en Galicia, Imelda Capote; e o director territorial de comercio e ICEX en Galicia, Sergio Prieto.

Tamén se prevé a participación de técnicos de distintos organismos que se encargarán de abordar os principais pormenores que as empresas deberán ter en conta para facer fronte ao 'Brexit'.

A xornada, que se celebrará na sede da Cámara de Comercio da capital, está enmarcada na campaña da Secretaría de Estado de Comercio, xunto coa Cámara de Comercio de España e a Confederación Española de Organizacións Empresariais.

No conxunto do país está previsto que se realicen máis de 30 xornadas, varias delas nas principais cidades galegas. Ademais da celebrada en Santiago, levarán a cabo seminarios na Coruña, Vigo e Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta