Un detido en Ourense por romper unha orde de afastamento da súa parella

O home pasou a disposición do xulgado de instrución que ditou unha nova medida de afastamento e o deixou en liberdade esperando xuízo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2018 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Autonómica pertencentes ao Grupo de Apoio á Protección de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero da Xefatura de Ourense detiveron o venres a un home por quebrantar unha medida xudicial que lle prohibía comunicarse e aproximarse á súa parella, da cal tiña unha orde de afastamento.

Policía Autonómica
Policía Autonómica

O axente responsable do grupo Viogén foi avisado pola vítima de que o agora detido estaba nas proximidades do seu domicilio, aínda a pesar de ter en vigor dúas ordes de afastamento. Inmediatamente estableceuse un dispositivo de busqueda, sendo localizado próximo ao domicilio da protexida.

Por iso, procedeuse á detención, trasladándoo a dependencias da Comisaría da Policía Nacional de Ourense, onde se instruíron as correspondentes dilixencias. O home pasou a disposición do Xulgado de Instrución nº 2 de Ourense, en funcións de garda, que ditou unha nova medida de afastamento de 600 metros e deixouno en liberdade á espera de xuízo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta