Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 18/12/2018 | Actualizada ás 09:55
Axentes da Policía Nacional detiveron a un home en Ourense por tentar matar a un veciño na súa vivenda, á que accedeu cun coitelo en cada man. Segundo informou a Policía Nacional, foi detido o home como presunto autor dun delito de tentativa de homicidio e violación de morada nun domicilio da cidade de Ourense.
Os feitos que motivaron a detención sucederon o 14 de decembro ás 23,50 horas cando se recibiu chamada na Sala 091 cando un mozo manifestou que un veciño lle ameazaba cuns coitelos "dicindo que o ía acoitelar", indicaron as mesmas fontes.
Axentes do Grupo de Seguridade Cidadá da Comisaría Provincial de Ourense dirixíronse ao lugar e cando chamaron ao interfono para que lle abrisen a porta escoitaron a voz dun home que gritaba "vouche a matar, vouche a matar". Por iso, subiron "rapidamente as escaleiras" e atoparon a un home "fóra de si" que esgrimía dous coitelos.
Os axentes de policía procederon a reducir ao home e a inmobilizalo r interviñeron os coitelos. A vítima manifestou que cando se atopaba na súa vivenda alguén petou á porta e, ao mirar pola mirilla, atopouse que algo a bloqueaba, "polo que abriu a porta pensando que era un amigo seu que adoitaba facer este tipo de bromas", relata a Policía.
Ao abrir viu ao seu veciño cun coitelo en cada man, quen accedeu ao interior do piso pola forza e "acometendo cos coitelos coa clara intención de cravarllos", engaden as mesmas fontes. O home conseguiu "cun salto evitar o impacto" dos coitelos, á vez que gritaba para pedir axuda a un amigo que se achaba no interior. Entre ambos conseguiron empuxarlo e pecharlle a porta e seguidamente chamar á Policía.
Mentres a vítima relata os feitos, o presunto autor continúa repetindo que "os ía a matar, esa é a verdade", destaca a Policía. Por estes feitos procédese á súa detención e posterior traslado a dependencias policiais para continuar coas xestións oportunas, mentres o detido non para de gritar "que non entendía a súa detención, que non pegara a ninguén e que non quería pegar a ninguén, que o que quería era matalos".
O detido é un home de 57 anos de idade natural de Ourense ao que lle constan tres detencións anteriores. Quedou en liberdade após pasar a disposición xudicial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.