Temas: EN MAREA

O Comité Electoral de En Marea denuncia "boicot" de afíns a Villares e desautoriza que Garantías suspenda a tres membros

A coordinadora impide que o comité electoral celebre unha rolda de prensa na sede de En Marea.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2018 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

O comité electoral das primarias de En Marea, con maioría do sector crítico, denunciou un "boicot" do que culpan a persoas afíns á dirección do partido instrumental que encabeza Luís Villares, á que acusan de querer atrasar 'sine die' a celebración das eleccións internas, que debían celebrarse hai máis de dúas semanas e para as que aínda non hai data.

Membros do Comité Electoral atenden aos medios fóra da sede de En Marea
Membros do Comité Electoral atenden aos medios fóra da sede de En Marea | Fonte: Europa Press

Catro membros do comité —Sonia Mauriz, Martiño Ramos, Jennifer Merino e Carlos Franco— ofreceron declaracións aos medios na tarde deste martes ás portas da sede de En Marea en Santiago, xa que, segundo relataron, a coordinadora do partido instrumental non lles autorizou a celebrar a rolda de prensa no interior, como xa sucedeu o pasado venres cun membro da Comisión de Garantías.

Alí, Mauriz asegurou que este martes Daniel Conde, membro do comité electoral e afín á dirección, agregou aos tres suplentes da lista ao comité electoral (todos eles tamén do sector de Luís Villares) á canle da aplicación de mensaxería Telegram que o órgano emprega para realizar reunións telemáticas.

Segundo os portavoces do comité, Conde realizou este movemento en cumprimento de forma "unilateral" da resolución ditada polo Comité de Garantías (controlada por afíns á dirección) de suspender ao tres membros do comité electoral acusados de acceder de maneira irregular ao censo.

Con estas tres personas dentro do grupo, segundo a versión expresada por Mauriz, realizouse unha votación "ilegal" que acordaba anunciar a dimisión dos tres cesados por Garantías e suspender a rolda de prensa convocada polo comité para a tarde deste martes.

Horas antes da convocatoria, o correo electrónico oficial do comité remitía aos medios un comunicado que anunciaba as decisións adoptadas. Esta mensaxe foi desmentida minutos despois por varios membros do comité, que aseguraban que a convocatoria aos medios seguían en pé e que os compañeiros non dimitiran, xa que entenden que Garantías non está autorizada a suspendelos da súa actividade.

Temas: EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

6 Centroeuropeo

Bye, bye, Unidas Podemos! Benvida, Marea Galega! Vergoña eterna para Martiño N. e a FPG por tentar facerlles a aqueles o traballo suxo (e facelo tan mal). Beiras, Fernán Vello, Antón S., aínda tedes tempo de salvar a dignidade facendo autocrítica e volvendo a ser irmandiños.

5 M. Vila

En Marea debe romper! Non se pode manter un artificio con graves acusacións entre compañeiros. Así foi en Amigo co BNG, así debe ser agora. A Villares insultarono de xeito groso (Balsa, Dopico e Quinteiro) coa complicidade e amparo de Martiño Noriega. Os deputados non renden contas á asamblea (inaudito nos proclamados anti-casta). Izquierda Unida, o vello PcE, trata de remexer no censo, tendo a enorne cara de negar en comunicado que sexan militantes seus (entren na páxina de esquerda unida e vexan cantas veces aparece Raquel Bernardez, ou busquen en google, que non se precisa un máster en xornalismo de investigación). E rematen lendo a Juan Merlo, paxaro do que non son devoto, para entender a deriva de Podemos, a lea interna e o sometemento ao triste modelo de Izquierda Unida, acabando con En Marea: https://www.lavozdegalicia.es/notic... Conclusión: En Marea xa foi!

4 Parado

Onde traballan estes?

3 Xin Ping

Rompede dunha vez e deixade en paz a xente. Que noxo, que horror de individuos. Ide para a casa e facédelle un favor á sociedade e á política. A CASTA, A CASTA??? Casta e casposos é o que sodes.

2 Bernardo

Solución: Tan fácil coma que o xuiz Villares dicte sentencia:Que se cumpla o mandato do plenario,ou sexa, que se fagan eleccións baixo o control do Comité Electoral.