Morre unha muller ao caer co seu coche a un río en Abegondo

O coche quedou envorcado e, a pesar de que o cauce non era moi fondo, a muller non puido liberarse.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2018 | Actualizada ás 10:32

Comparte esta noticia

Unha muller faleceu á primeira hora deste mércores tras caer o vehículo no que viaxaba a un río no municipio coruñés de Abegondo.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Segundo informou o CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 8,15 horas da mañá deste mércores, cando o vehículo, que circulaba á altura de Presedo, saíu da estrada e caeu a un río de pouco caudal, quedando envorcado.

Coa vítima viaxaba outra persona, que puido saír do turismo polos seus propios medios. Con todo, a muller quedou atrapada no interior, polo que foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Betanzos. Cando conseguiron sacala, os servizos sanitarios só puideron certificar o seu falecemento. A outra vítima foi trasladada ao Hospital Clínico Universitario da Coruña.

No operativo participaron tamén axentes da Garda Civil de Tráfico e de Policía Local e Protección Civil da localidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta