Pedro Sánchez envía unha mensaxe de "cariño" aos familiares dos mortos no afundimento ao sur de Fisterra

O presidente español solidarízase coas vítimas. O xefe do Goberno galego súmase ás condolencias.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/12/2018 | Actualizada ás 17:39

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno español, o socialista Pedro Sánchez, enviou na tarde deste mércores unha mensaxe de solidariedade aos familiares e achegados dos mortos no afundimento que tivo lugar a 4,5millas do Cabo Fisterra.

Pedro Sánchez preside o seu primeiro Consello de Ministros
Pedro Sánchez preside o seu primeiro Consello de Ministros

"Siguiendo con preocupación las informaciones que nos llegan desde Fisterra. Todo nuestro cariño y afecto para las familias y personas allegadas de los marineros fallecidos. Los equipos de salvamento marítimo continúan buscando a otro de los tripulantes, que está desparecido", publicou Sánchez na súa conta de Twiitter, ás 16.28 minutos.

Media hora despois, foi o presidente da Xunta o que publicou unha mensaxe de condolencias ás vítimas: "O meu pesar e o de toda Galicia polo naufraxio dun pesqueiro en Fisterra. O noso pésame ás familias dos falecidos. O noso agradecemento ás persoas que traballan nos labores de salvamento", escribiu.

Nese momento, eran tres os mortos confirmados, un desaparecido e seis os mariñeiros rescatados do 'Sin querer 2', cerqueiro con base en Portonovo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta