Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2018 | Actualizada ás 10:31
Unha muller resultou ferida e tivo que ser excarcerada após verse involucrada nun accidente múltiple no Porriño (Pontevedra), onde chocaron tres coches.
Segundo informa o 112, os bombeiros do Baixo Miño rescatárona ao quedar atrapada no interior dun dos vehículos accidentados. Ocorreu no polígono industrial da Granxa, ao fío das 16,40 horas.
Un particular contactou co 112 para alertar do sinistro e acto seguido foron avisados os bombeiros do Porriño, os de Vigo, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e Protección Civil. A muller foi trasladada polos efectivos sanitarios de urxencias até o centro hospitalario de referencia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.