A Xunta di que nacen máis nenos de familias con poucos ingresos que as que teñen máis poder adquisitivo

“O problema de natalidade en Galicia non é económico”, asegura o presidente galego. A axuda de 1.200 euros por bebé poderase pedir no embarazo e será ampliable ante unha baixada de ingresos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/12/2018 | Actualizada ás 17:25

Comparte esta noticia

Galicia ten un grave problema demográfico que é asumido por todos os partidos políticos. Con todo, as explicacións para esta situación son moi diversas. A última delas deuna este xoves o presidente da Xunta ao suliñar que as dificultades para ter nenos en Galicia “non son de tipo económico”.

Bebé, recentemente nado
Bebé, recentemente nado

Alberto Núñez Feijóo baseou esta afirmación nas “Tarxeta Benvida” que a Xunta entregou o pasado ano ás familias que tiveron un bebé. O 60% delas foron entregadas a familias con rendas inferiores a 22.000 euros anuais. “Isto indica que o problema da natalidade é moi complezo e que non é exclusivamente económico”, suliñou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Unha reflexión que o presidente galego fixo tras anunciar que a 'Tarxeta Benvida' --axuda de 100 euros ao mes por nacemento que suma os 1.200 euros anuais-- da Xunta poderase solicitar durante o embarazo  e será ampliable para familias que sufran unha baixada de ingresos. Tamén a poderán pedir as retornadas ou fillas de retornadas que teñan fillos con menos dun ano de idade.

NOVIDADES

En concreto, entre as novidades da nova convocatoria, o presidente, Alberto Núñez Feijóo, apuntou que aquelas familias que obtivesen a Tarxeta Benvida en 2018 e que neste ano visen rebaixado o seu nivel de ingresos --porque un dos seus membros estea no paro, por exemplo-- até situarse nos 22.000 euros ou menos, terán dereito á ampliación cando comuniquen o seu cambio de situación.

En total, a Xunta destinará 36 millóns de euros para estas bonos no ano 2019. Este recurso permite atender gastos como como a compra de medicamentos infantís, cueiros, roupa, berces e produtos de hixiene ou farmacéuticos.

Con carácter xeral, cargarase con 1.200 euros distribuídos en dous pagos, un en 2019 e outro en 2020. Todo iso a condición de que a renda familiar anual sexa inferior aos 45.000 euros ou menor de 13.500 eruos per cápita. Desde a posta en marcha desta medida, en 2016, unhas 40.000 'Tarxetas Benvida' chegaron durante o primeiro ano de vida do neno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta