O alcalde da Coruña apoia a Martiño Noriega e tamén cre que debe celebrarse a votación de En Marea

Os alcaldes presionan a Podemos e EU para que animen aos seus afiliados a votar. Ferreiro confirmou a través das redes sociais a súa precandidatura ás primarias de Marea Atlántica.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 21/12/2018 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, mostrouse partidario de que En Marea celebre as súas primarias --convocadas para esta fin de semana--, a semellanza do que xa manifestou o rexedor de Compostela, Martiño Noriega, e a súa formación, Anova, pero se se fan "con garantías". A preguntas dos xornalistas, coincidindo coa súa presenza no acto de presentación do anteproxecto para a nova concesión da planta de tratamento de residuos de Nostián, manifestou tamén que é "importantísimo" deixar de ter "elementos de dúbida sobre estas garantías", ante as discrepancias xurdidas entre o sector crítico e os afíns a Luís Villares.

Alcaldes das mareas municipalistas galegas. EUROPA PRESS - Archivo
Alcaldes das mareas municipalistas galegas. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

Estas manifestacións fíxoas despois de confirmar nas redes sociais a súa precandidatura ás primarias de Marea Atlántica para elixir o candidato á Alcaldía coruñesa e as persoas que lle acompañarán nos próximos comicios municipais. Ferreiro manifestou que o seu obxectivo é encabezar unha lista que reúna "todas as sensibilidades" e que parta do "consenso". "Pretendo dar continuidade ao traballo feito", incidiu tamén sobre a xestión no goberno local.

Ademais, dixo que tanto el como o equipo que lle acompañe recollerán propostas no marco dos encontros previstos con inscritos en Marea Atlántica parea solicitar as súas opinións e presentar, de forma definitiva, a súa "proposta de lista".

MARTIÑO NORIEGA

Por outra banda, o seu homólogo na capital de Galicia, Martiño Noriega, incidiu en que se reafirma no expresado o pasado xoves, cando asegurou que participará no proceso, tanto el como o proxecto municipalista que encabeza, Compostela Aberta.

Noriega volveu a querer desmarcarse da "espiral" de declaracións cruzadas na que se ve inmersa En Marea desde hai unhas semanas e reitera que o seu "compromiso" é con Santiago e o proxecto de Compostela Aberta.

"A cidade está por encima do que pase no espazo galego", aseverou, minutos despois de que o partido ao que pertence e do que é un dos seus fundadores, Anova, anunciase que a súa intención de seguir adiante coa candidatura 'Entre Todas', na que tamén participan Podemos e EU, que sopesan retirarse do proceso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta