Detido na comarca de Sar un mozo de 20 anos por senllos casos de agresión e abuso sexual

O detido abordou ás vítimas ameazándoas con coitelos e con moita violencia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2018 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo este xoves na comarca de Sar a un home de 20 anos de idade ao que se lle imputa unha agresión sexual cometida a principios de 2017 e un abuso sexual a outra muller o pasado verán.

Detención dunha persoa. GUARDIA CIVIL
Detención dunha persoa. GUARDIA CIVIL

Segundo informou a Garda Civil, no caso da agresión, o detido abordou á súa vítima "con gran violencia e utilizando un coitelo". A vítima necesitou máis de seis meses para recuperarse dos danos físicos.

Dentro da denominada Operación Mint, a Garda Civil abriu unha investigación para esclarecer a autoría dos feitos e atopou nos dous casos as probas biolóxicas necesarias para imputar ambos os delitos á mesma persona.

Segundo informaron a Europa Press fontes da Garda Civil, o detido xa pasou a disposición xudicial e decretouse o seu ingreso en prisión. A Garda Civil considérao "un perigoso agresor sexual". Foi o Equipo de Policía Xudicial pertencente á Compañía da Garda Civil en Noia o que procedeu á súa detención.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta