A Raxería de San Marcos, en Santiago, reparte 3,2 millóns de euros no 'Gordo' do Sorteo de Nadal

Venderon oito décimos do numero 3.347.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2018 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

A Raxería de San Marcos, un establecemento hostaleiro situado en Santiago de Compostela, repartiu este sábado 3,2 millóns de euros no 'Gordo' do Sorteo de Nadal.

O propietario da Raxería de San Marcos após vender 8 décimos do 'Gordo'
O propietario da Raxería de San Marcos após vender 8 décimos do 'Gordo' | Fonte: Europa Press

Segundo explicou o seu propietario, Javier Suárez, a través dun terminal venderon oito décimos do numero 3.347, que neste 2018 foi o agraciado co 'Gordo'.

Visiblemente emocionado, Suárez mostrouse "encantado" de repartir este premio, o "grande" que outorga este establecemento desde que, conforme sinalou, abriu hai dous anos o punto de venda de lotaría.

O propietario, que asumiu a xerencia despois da recente xubilación do anterior dono, sinalou que a terminación en 47 parecíalle "boa" e que optou por ela para aqueles clientes que "na última semana" acudían ao momento para comprar un décimo "acabado en sete".

E é que, conforme indicou, todos os décimos premiados foron adquiridos nas dúas últimas semanas. Con todo, asegurou que, polo momento, ningún dos agraciados se achegou ata o local para celebrar a súa sorte.

Os clientes deste tradicional establecemento compostelán mostráronse sorprendidos polo feito de que o local no que estaban fose un dos que repartiron o 'Gordo' en Nadal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta