A CUT convocará folga de mulleres o 8 de marzo en Galicia

A proposta foi posta en coñecemento do movemento feminista agrupado en 'Galegas 8M'.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2018 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

O sindicato CUT avanzou que convocará unha folga dirixida exclusivamente a mulleres o próximo 8 de marzo co obxectivo de visibilizar a loita das traballadoras, as asalariadas e as que non o son.

Manifestación en Vigo pola igualdade, previa á folga feminista do 8 de marzo de 2018
Manifestación en Vigo pola igualdade, previa á folga feminista do 8 de marzo de 2018 | Fonte: Miguel Núñez.

A CUT informa de que esta decisión foi acordada pola dirección do sindicato e a asemblea nacional da Secretaría das Mulleres, após ser posto en coñecemento do movemento feminista agrupado en 'Galegas 8M', reunido este sábado en Cambre (A Coruña)

A CUT apuntou a necesidade de fortalecer o feminismo de clase do país e visibilizar a loita dos traballadores do sector produtivo e reprodutivo. Apunta, ademais, "que a loita non está nos teitos de cristal senón nas mulleres que, cortándose, avanzan polo chan".

Por último, o sindicato avanza que, a partir da segunda quincena de xaneiro, empezará socializar os traballos que a CUT realiza para o 8M.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta