Falece un motorista tras saírse da vía en Porto do Son

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2018 | Actualizada ás 10:50

Comparte esta noticia

Un motorista perdeu a vida na madrugada deste domingo tras saírse da vía co seu vehículo cando circulaba pola parroquia de Goiáns, no municipio coruñés de Porto do Son.

Axentes da Garda Civil nun accidente en Porto do Son (A Coruña). GUARDIA CIVIL
Axentes da Garda Civil nun accidente en Porto do Son (A Coruña). GUARDIA CIVIL | Fonte: Europa Press

Segundo informa o 112, foron varios os particulares que deron o aviso á central de emerxencias ás 1,30 horas desta madrugada para pedir asistencia médica urxente para un motorista tendido na estrada inconsciente.

Seguidamente, o persoal do 112 pediu a colaboración dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que, pouco despois, confirmaron o falecemento do condutor.

Até o lugar tamén se desprazaron unha patrulla da Garda Civil de Tráfico que, unha vez realizadas as correspondentes investigacións, aclararon que o motorista se saíra da vía pola marxe dereita, tal e como confirman fontes da Benemérita.

De igual modo, para colaborar no operativo, o 112 informou aos voluntarios de Protección Civil de Porto do Son e aos bombeiros de Ribeira, a pesar de que a vítima estaba liberada e accesible.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta