Temas: NADAL FOLGA VIGO

Cea-protesta de Nadal dos traballadores da zona azul de Vigo

Urxen unha solución tras 115 días en folga.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/12/2018 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

Traballadores da zona azul de Vigo e as súas familias celebraron a Noiteboa cunha "cea-protesta" ante a árbore de Nadal situada na Porta do Sol da cidade para urxir ao Concello e á empresa concesionaria do servizo unha "solución".

Os traballadores de Dornier cean baixo a árbore de luces do Sireno
Os traballadores de Dornier cean baixo a árbore de luces do Sireno | Fonte: Miguel Núñez

Segundo explicou o portavoz dos empregados, Julio Fernández, os participantes convidaron os viandantes a tomar algo con eles para concienciar os veciños da situación que atravesan.

En concreto, o colectivo esixe que a empresa readmita aos sete traballadores despedidos o pasado 30 de xuño. "A partir de aí estamos dispostos a falar coa empresa, como así lle dixemos en varias mesas de mediación", sinalou.

E é que, fronte a estes despedimentos, os traballadores defenden que se inicie un período de baixas incentivadas, con prexubilacións ou xubilacións a aquelas persoas que así o soliciten.

Ademais, Julio Fernández lamentou que o alcalde, Abel Caballero, aínda non os recibiu para coñecer a súa situación a pesar de que o Concello é "responsable" da situación tendo en conta que, segundo denunciou, adxudicou o contrato da zona azul cun "31% de baixa no custo de persoal".

Temas: NADAL FOLGA VIGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

O alcalde leva 22 meses sen recibir, só atende festas e parques infantís de 600.000 € ! http://xornaldevigo.gal/vigo-e-cont...