Villares: "Toca escoitar o mandato dos inscritos, fortalecer un proxecto político grande, non unha suma de siglas"

O portavoz de En Marea, e gañador das primarias, di aos críticos que escoiten o "mandato" das bases. Martiño Noriega pídelle "respecto" ás mareas locais.

Por Europa Press / Redacción | | 26/12/2018 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís  Villares, instou ao sector crítico coa súa dirección que escoite "o mandato claro" que as bases expresaron nas primarias do partido instrumental, cuxo resultado, que outorga a vitoria á lista do maxistrado lucense, non recoñece a candidatura perdedora, 'Entre Todas'. Ao mesmo tempo, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recoñeceu que o movemento iniciado por Compostela Aberta o pasado verán para agrupar os sectores descontentos coa dirección de En Marea "non funcionou" e pide agora centrarse no "espazo local", porque as mareas  municipalistas son a "esperanza" do proxecto da chamada unidade popular.

Villares, no plenario de En Marea. EN MAREA - Archivo
Villares, no plenario de En Marea. EN MAREA - Archivo

"Creo que as voces, críticas ou non críticas, o que teñen que facer é escoitar. E neste momento o que toca é escoitar o que dixeron os inscritos con bastante claridade: un mandato claro de fortalecer un proxecto político grande, non unha suma de siglas", declarou este mércores Villares a preguntas dos xornalistas no Pazo do Hórreo.

Cuestionado sobre se os acontecementos das últimas semanas, culminados cun resultado das primarias que non recoñece a lista perdedora, avocan a En Marea á ruptura, Villares instou aos críticos a abrir un período de "reflexión" porque "ninguén entendería" unha escisión.

"O camiño é a unidade para fortalecer aquilo que temos en común. A xente premiou que traballásemos conxuntamente, que aparcásemos as diferenzas. Ninguén entendería que en nome das diferenzas se producisen proxectos políticos diferentes. Iso é o que a xente premiou electoralmente", afirmou.

Así as cousas, fixo un chamamento para aparcar os debates internos e "falar xa mesmo dos problemas da xente". "É o momento de traballar, de deixar de enredar para que avancen os proxectos municipais, non só nas tres cidades (A Coruña, Santiago e Ferrol), senón nos máis de 30 municipios do país onde gobernamos", concluíu.

NORIEGA

Pola súa bandam, o alcade de Santiago, líder de Compostela Aberta e peso pesado en Anova —no sector crítico—, Martiño Noriega, recoñeceu de maneira implícita a vitoria de Luís  Villares nas primarias de En Marea, en declaracións á Cadena Ser. A candidatura perdedora 'Entre Todas' —-na que participa— non acepta, o que lle levou a reclamar a elaboración dunha auditoría externa ante supostos indicios de "irregularidades" no proceso de votacións.

Dous días despois de coñecerse os resultados, Noriega recoñeceu que "non funcionou" o traballo iniciado por Compostela Aberta o pasado mes de xullo, cando arrincaron os movementos que derivaron na creación da denominada 'Mesa da Confluencia', na que participaban Anova, Podemos, Esquerda Unida e as mareas de Santiago, Ferrol e A Coruña.

A 'Mesa da Confluencia' deu orixe á conformación da candidatura 'Entre Todas', encabezada polo ex-deputado David  Bruzos, quen foi arroupado durante a campaña interna polos alcaldes de Santiago ( Noriega), A Coruña ( Xulio Ferreiro) e Ferrol (Jorge Suárez).

Agora, a falta de menos de medio ano para as eleccións municipais, a vitoria nas primarias dun Villares que recibiu críticas ao longo dos últimos tempos por parte dos 'alcaldes do cambio' abre un panorama de incerteza no espazo político de En Marea ante as profundas diferenzas entre a dirección galega e as mareas locais máis representativas.

"Ninguén nos pode botar en cara que non tentamos intermediar, achegar", dixo  Noriega, que asume que Compostela Aberta non conseguiu "o seu obxectivos" pero que iso "tampouco é un drama". "Polo menos non quedamos coa sensación de non tentalo", apuntou.

O rexedor compostelán afirma que á marea compostelá lle toca agora "hibernar" dun espazo político a nivel galego que ve afastado do "proxecto orixinal" da chamada unidade popular, que cre agora centrado en "lecturas de parte". "Non é un drama, pero é unha liña diferente á que se marca desde 2012", apostilou.

Noriega, que non puxo en cuestión de maneira pública as dúbidas sobre a limpeza no proceso que si explicitou a candidatura 'Entre Todas', pide á dirección de Luís Villares que "respecten os espazos de convivencia que hai nas cidades a nivel local e os proxectos que no seu momento foron de ilusión e hoxe son de esperanza".

Con todo, non quixo comentar se a ruptura de En Marea é inevitable tras varias semanas nas que as diferenzas subiron de ton e ambos os bandos cruzaron reproches e ameazas de recorrer aos tribunais. "Todo o que pasou nestas semanas e a deriva que hai non indica nada bo", incidiu, para logo poñer o foco en que "non sae ninguén vitorioso".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 Ramiro de Yoli

Sr Villares: Pode vostede explicar cal é o proxecto municipal de En Marea para a cidade de Ferrol ?

1 siwana

O que diga o Pablo Igesias, of course.

3 Gamela

Falar de escoitar aos inscritos é unha farsa grotesca en boca de Villares. Dende que asaltou a portavocía de En Marea pedindo un complemento de soldo e un coche oficial, asumir o relato do PP para expulsar a unha compañeira (Paula Quinteiro), laminar o seu Consello Electoral cunha Comisión de Garantías Ad hoc e verter dúbidas sobre os procesos electorais de Podemos (AgoraVoting) declarando que foron menos fiables (?) Baltasar Garzón - Ventura Pérez Mariño - Luís Villares (?) Non queremos máis togas con puñetas !!!

1 lóstrego

Sempre negatifo, nunca positifo.

2 Xanc

“Non queremos togas con puñetas..”. Pois que facemos logo con Xulio Ferreiro e Manuela Carmena? Preferimos a altos cargos do exército español ex-Jemad? Querían votar a toda costa, contaban con ganar fácil (falaban dun 65 vs 35%) e levaron un pau do que chegan as réplicas á Complutense.

3 Gamela

Xulio Ferreiro como maxistrado SUPLENTE en Lugo non é que fixera unha grande carreira na maxistratura, e Manuela Carmena levaba anos xubilada da súa praza! Pero aínda así as súas traxectorias políticas non son precisamente edificantes á hora de chegar a acordos con ninguén. O que queremos é xente disposta a traballar para o ben común e non "caga-sentenzas" que buscan acomodo persoal na política (Villares)!

2 Gamela

Para escoitar o que dixeron os inscritos... habería que saber de que inscritos se fala... Dos 2.000 que levaban dous anos inscritos, ou dos 4.400 que apareceron nos últimos meses, logo do chamamento de PodemosGalicia ? Ninguén pode dar por boa esta trapallada de votación: por non ter garantías, por laminar ao Comité Electoral, por facer a votación a toda présa en datas pouco apropiadas... E veremos se o xulgado admite a trámite a denuncia e veremos se o xuíz da Marea non rematará sentado ante outro xuíz que lle diga o que debera facer para seguir sentado no Pazo do Hórreo ! CERNA é o único que fai ben o seu traballo de chapa fina... Romper a Unidade Popular a favor do BNG !!!

1 Impaís

Entom, a visom de País que tem o Martinho é a mesma à que tinha o Pacochet. A de cidade-estado e sarna pra o resto. Brilhante. Da visom de democracia interna já nem falamos.