Recuperación económica? Aumentan os menores, os mozos e as mulleres en risco de pobreza ou exclusión en Galicia

Unha de cada cinco persoas en Galicia segue sendo vulnerable.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/12/2018 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

O 20,26% da poboación residente en Galicia está en risco de pobreza ou exclusión social. Isto quere dicir que segue habendo un abismo entre os datos macroeconómicos dos que presume a Xunta, que falan de crecemento da economía galega, e os microeconómicos, que amosan que as familias máis vulnerables non se beneficiaron de recuperación.

A cea para un sen teito no antigo asilo de Vigo, coa luz tenue das velas
A cea para un sen teito no antigo asilo de Vigo, coa luz tenue das velas | Fonte: Miguel Núñez

O Instituto Galego de Estatística (IGE) publica os resultados da Enquisa Estrutural de Fogares do 2018, con datos do 2017. Segundo estes, a porcentaxe de xente en situación de vulnerabilidade segue practicamente igual que en 2016, xa que se reduciu nun case insignificante 0,07 por cento respecto ao ano anterior.

A situación é especialmente grave para os menores de 16 anos e o colectivo entre 16 e 24, xa que o risco de pobreza ou exclusión social se incrementou para os primeiros en 1,17 puntos, até o 23,73 por cento, e en 0,33 puntos para os segundos, até o 28,33; datos que cuestionan as políticas sociais e económicas. 

A gravidade da situación dos menores en Galicia é tal, que a taxa de vulnerabilidade está practicamente ao mesmo nivel que no ano 2011, cando a porcentaxe foi do 23,96 por cento.

Este indicador segue sendo alto entre as persoas de 25 a 49 anos (20,83 por cento en risco) e de 50 a 64 (23,26 por cento). A poboación menos vulnerable é a maior de 65, cun 12,63 por cento en risco.

Confírmase, ademais, que a recuperación non chegou ás mulleres. O dato de risco de pobreza mellorou para os homes (do 16,31% ao 15,82%), pero nas mulleres aumentou do 15,82% ao 15,92%.

Por outra banda, en 2017 a porcentaxe de fogares galegos que chegaron con facilidade ou moita facilidade a fin de mes aumentou 1,66 puntos, ata o 52,18%. A porcentaxe dos que chegaron con dificultade diminúe 0,63 puntos e a dos que chegaron con moita dificultade diminuíu 1,03 puntos, ata situarse no 9,65%

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Graña

Vivamos coma galegos! Sigamoslle votando aosRSc3 mesmos

1 Gamela

Vigo coñece ben o problema da DESIGUALDADE mentres levan 22 meses acampando contra a pobreza, a xente só fala das luces de Nadal de Caballero ! https://i.gal/VigoAlucinante Mentras a "oposición" mirando para outro lado cando o mesmo alcalde malvendeu 40 pisos de propiedade municipal sen necesidade algunha (débeda cero) // Hoxe sabemos que en Madrid o Tribunal de Contas ditou sentenza contra os prevaricadores de Ana Botella! Pero en Vigo ninguén fixo nada absolutamente para denunciar a privatización do Patrimonio Público e agora non temos pisos para as persoas deshauciadas e excluídas !!! Vergoña !!!