A Deputación de Lugo recoñece cinco proxectos cos premios 'Emprendo no rural'

Os peemios están dotados con 50.000 euros, a razón de 10.000 por cada un dos cinco proxectos galardoados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2018 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

A deputada encargada da área de Emprego e Benestar na Deputación de Lugo, Sonsoles López Esquerdo, anunciou tras a Xunta de Goberno a resolución dos premios 'Emprendendo no Rural', dotado con 50.000 euros, a razón de 10.000 por cada un dos cinco proxectos galardoados.

Rural
Rural | Fonte: Xunta.gal

López Esquerdo concretou que se trata dunha iniciativa que "aposta polo medio rural da provincia, como un medio de oportunidades onde se poden desenvolver iniciativas laborais e empresariais relevantes para a economía e o desenvolvemento de Lugo".

"Ademais de dinamizar o rural, tamén se fomenta a xeración de emprego a curto e longo prazo en lugares con dificultades para facelo", explicou.

A deputada socialista precisou que, coas cinco iniciativas premiadas, se van xerar 30 postos de traballo, que servirán ademais para "fixar poboación" no rural.

Entre os proxectos seleccionados está un impulsado desde o campus de Lugo, que consiste na instalación dun "sensor subcutáneo en vacas de leite" para monitorizar a evolución da temperatura dos animais. Esta iniciativa localizarase en Arneiro, no Concello de Cospeito.

Ademais, apoiarase unha almazara de aceite, que se sitúa en Taboada, e outra empresa para detectar gases radón, un centro residencial para maiores en Rabade e unha cantina-albergue no camiño de Santiago, no Concello de Palas de Rei.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta