Afíns a Pachi Vázquez ven "probable" presentar listas fóra do PSOE en 23 concellos de Ourense

Espazo Común Socialista avisa dunha "escisión no socialismo ourensán" e prevé candidaturas tamén na capital da provincia

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 28/12/2018 | Actualizada ás 15:44

Comparte esta noticia

Políticos afíns ao ex secretario xeral do PSdeG Pachi Vázquez, aglutinados no Espazo Común Socialista, valoran a posibilidade de presentar candidaturas municipais fóra do PSOE en 23 concellos de Ourense, incluída a capital e vilas como Maceda. Ven "probable" esta opción "despois de numerosos contactos" e ante a "purga" e "marxinación" por parte da dirección provincial do PSdeG.

O portavoz do PSOE na Deputación de Ourense, Francisco Fraga.. EUROPA PRESS - Archivo
O portavoz do PSOE na Deputación de Ourense, Francisco Fraga.. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

O anuncio partiu dun comunicado por parte dos militantes implicados, que aínda pertencen ao Partido Socialista; e prodúcese días despois de que Pachi Vázquez anunciase a súa marcha do PSOE.

Un dos integrantes de Espazo Común Socialista é Francisco Fraga, que foi relevado pola dirección provincial do PSdeG hai uns días no seu posto como voceiro do PSdeG na Deputación de Ourense. Nunha recente rolda de prensa, Fraga xa avanzou que se ía presentar á alcaldía de Piñor "si ou si", xa fose coas siglas do PSOE ou coas doutros partidos. Nesa mesma liña se manifestou tamén o alcalde socialista de Castrelo do Val, Vicente Gómez.

"ESCISIÓN NO SOCIALISMO OURENSÁN"

Neste sentido, Espazo Común Socialista denuncia a existencia de prácticas de "sectarismo" e "irracionalidade", as cales "están a producir unha auténtica escisión no socialismo ourensán", que provocarán unhas consecuencias "tremendamente negativas" e "só favorecerán o desconcerto e a división".

Así, o Espazo Común Socialista lamentou que a dirección provincial do PSdeG en Ourense comunicase á portavoz socialista no concello de Maceda a decisión de presentar a Xabier Oviedo -alcalde do BNG nese municipio entre 2007 e 2015 e portavoz de Compromiso por Galicia posteriormente como cabeza de lista-, en contra do "acordo adoptado por unanimidade en asemblea local polo cal se propuxo a Ana María Rodríguez".

"Ante esta inxusta e arbitraria decisión, os militantes socialistas de Maceda están a valorar presentar unha candidatura propia, defendendo os proxectos e ideas que sempre os uniron", sinalaron os membros do Espazo Común Socialista no comunicado remitido aos medios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 paletismo ilustrado¡¡¡¡

A cuestión é seguir ca mamandurria... eu quero que se presenten así o choe será o ridículo personificado... canto noxo de políticos hai neste país... así como vai haber para médicos... asco de país.