Abanca e Afundación entregan máis de 4.200 xoguetes a nenos de familias desfavorecidas

Os agasallos proceden de doazóns de empregados, clientes e outros cidadáns que colaboraron en distintas accións solidarias. A maiores, a entidade bancaria realizou unha compra adicional.

Por E.P. | A CORUÑA | 28/12/2018 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

Abanca e mais a súa Obra Social, Afundación, entregaron este venres a Cáritas Interparroquial da Coruña e Ourense, Cruz Vermella Lugo e Aldeas Infantís un lote de 4.270 xoguetes obtidos nas diferentes accións solidarias postas en marcha co obxectivo de que os nenos das familias máis desfavorecidas teñan un agasallo en Reis.

Espazo infantil con xoguetes
Espazo infantil con xoguetes

Os xoguetes, segundo informa Abanca, proceden das doazóns realizadas polos empregados do banco e Afundación, clientes e outros cidadáns nos locais habilitados para este fin na Coruña e en Vigo. Ademais, esas doazóns completáronse cunha compra adicional realizada por Abanca, froito dunha iniciativa posta en marcha en colaboración coa Federación Galega de Comercio, segundo apunta a entidade bancaria.

Os directores territoriais de Abanca na Coruña, Vigo, Lugo e Ourense -Gerardo Fortes Ayerdi, Walter Álvarez, Javier Soto e Rubén Saavedra, respectivamente- foron os encargados de realizar a entrega aos representantes das distintas organizacións que procederán á repartición dos agasallos entre as familias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta