Temas: TEATRO

Sesións de teatro infantil este fin de semana en Santiago

O Centro Dramático Galego (CDG) organiza no Salón Teatro de Santiago este fin de semana actuacións e talleres dirixidos aos máis pequenos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2018 | Actualizada ás 09:32

Comparte esta noticia

O Salón Teatro de Santiago acolle este fin de semana actuacións e talleres dirixidos aos máis pequenos, que organiza o Centro Dramático Galego (CDG) no marco dunha programación especial por Nadal.

Espectáculo de monicreques
Espectáculo de monicreques

Así, a montaxe 'Vos fabulosos cleaners', de Malasombra Producións, poderá verse o sábado 29 (19,00 horas) e o domingo 30 (12,30 horas). A entrada están á venda na web (entradas.abanca.com) e o despacho de billetes do Salón Teatro.

Xoque Carvajal e Jouse García son 'Vos fabulosos cleaners', dous operarios encargados da limpeza dun teatro, que realizarán un espectáculo con pompas e burbullas, cheo de cores e formas. Estas dúas sesións poden acompañarse do taller 'Visto non visto', dirixido a nenos a partir de tres anos, que imparte Elea López nas dúas horas previas aos pases no Salón Teatro.

Temas: TEATRO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta