Dúas persoas feridas tras envorcar o seu vehículo no Concello de Xove

Os bombeiros de Viveiro desprazáronse cara o lugar para efectuar as manobas de excarceración.

Por E.P. | LUGO | 30/12/2018 | Actualizada ás 10:48

Comparte esta noticia

Dúas persoas feridas tiveron que ser excarceradas despois de que o coche no que circulaban envorcase na LU-862, ao seu paso por Xove (Lugo), sobre as 7,20 desta mañá.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Segundo informa o 112, as vítimas quedaron atrapadas no interior do coche e tiveron que ser liberadas polos bombeiros de Viveiro.

No momento do sinistro, un particular contactou co 112 para alertar do sinistro. Seguidamente, o servizo de urxencias pasou o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, ao GES de Cervo, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil de Cervo e aos bombeiros.

Unha vez liberadas, as dúas persoas feridas foron trasladados ao Hospital da Costa, en Burela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta