Recollen 63.000 quilos de residuos en quince portos galegos

Estas accións están enmarcadas dentro da limpeza de dársenas que se fai cada ano nas tres provincias litorais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2018 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, recolleu ao longo dos últimos meses un total de 63.000 quilos de residuos dos fondos mariños de 15 peiraos autonómicos, desde rodas ata electrodomésticos. Así o comunicou o presidente do ente público, José JuanDurán, nunha rolda de prensa na sede do organismo portuario en Santiago, na que fixo balance das actuacións de limpeza desenvolvidas nos últimos exercicios.

Fronte marítimo de Portosín
Fronte marítimo de Portosín

Estas actuacións enmárcanse na quinta fase do plan de limpeza de dársenas que o ente público desenvolve anualmente nas tres provincias costeiras e que este ano tivo lugar en 5 peiraos de cada unha das 3 zonas administrativas de Portos de Galicia: Morás(Xove), O Barqueiro, Cedeira, Celeiro (Viveiro) e Agarimo, na Costa Cantábrica; Aguiño (Ribeira), O Freixo (Outes), Pontedeume, Sada e Camariñas, na provincia da Coruña e Moaña, Aldán (Cangas), Tragove (Cambados), Vilanova de Arousa e Vilaxoán (Vilagarcía), na provincia de Pontevedra.

O plan desenvólvese de xeito periódico co obxectivo de conseguir peiraos máis sostibles desde o punto de vista ambiental.En palabras de Durán, "a experiencia acumulada nos añosanteriores indicaba a necesidade de continuar con esta iniciativa que permite retirar dos fondos mariños residuos materiais que nunca deberon chegar ao mar". Deste xeito, con esta actuación mellórase a seguridade nas augas interiores" e impúlsase "a protección da fauna mariña, que pode ser afectada seriamente pola acumulación de residuos nos fondos mariños".

A limpeza das dársenas implica a recollida selectiva de obxectos do fondo mariño dentro das augas interiores do porto. Non se trata dun dragado, senón da recollida de residuos que se atopan no leito mariño, producidos pola caída accidental dos mesmos ou por outras razóns. Con esta acción preténdese sumar á limpeza en terra a limpeza no fondo do mar e mellorar ademais a imaxe das instalacións.

EQUIPO DE TRABALLO

O equipo de traballo que se encarga da limpeza nas dársenas está formado por entre 3 e 5 mergulladores e como medios mecánicos contan cun barco con guindastre. Ademais, a empresa está coordinada en terra coa encargada da limpeza de Portos de Galicia, que ten preparados os colectores para o depósito dos residuos en terra e realiza a súa xestión selectiva.

DESDE RODAS ATA ELECTRODOMÉSTICOS

Nas limpezas realizadas este ano recolléronse diversos obxectos de medianas e grandes dimensións, como rodas das defensas dos peiraos, cadeas, cabos, e ata un colector de lixo, unha moto, electrodomésticos e unha embarcación enteira, ademais de restos de varios barcos afundidos.

230.000 QUILOS EN 5 ANOS

Nas 5 edicións do plan que se desenvolveron ata o momento, nas campañas de 2013, 2014, 2016, 2017 e 2018 retiráronse en total 230.000 quilos de residuos dos fondos mariños portuarios autonómicos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta