Publicadas as axudas do fondo de compensación ambiental e infraestruturas de uso público para entidades locais

Poderán ser beneficiarios desta subvención aqueles concellos de Galicia, de forma individual ou mediante asociacións ou agrupacións, que teñan menos de 30.000 habitantes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/12/2018 | Actualizada ás 11:55

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publica este luns dúas ordes de axudas de Vicepresidencia da Xunta destinadas ás entidades locais. Por unha banda, a convocatoria de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental e, por outra banda, a Orde de Infraestruturas de uso público.

vivenda, casa,  rural, campo, granxa
vivenda, casa, rural, campo, granxa | Fonte: Xunta.gal

Así, a Orde que establece as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2019, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, conta para o ano 2019 cun orzamento de 11 millóns de euros.

Está dirixida a que as entidades locais poidan levar a cabo actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do ambiente e reequilibrio territorial. Para poder ser beneficiarios destas subvencións, os concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais de Galicia deben cumprir o requisito de ter remitidas as contas do exercicio orzamentario 2017 ao Consello de Contas de Galicia. Este requisito deberá estar cumprido antes do final do prazo de presentación de solicitudes.

A Orde inclúe dúas liñas de subvencións. Por unha banda, a convocatoria de subvencións de natureza non competitiva, destinada a aqueles concellos de Galicia cuxo territorio municipal estea dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico e, por outra banda, a convocatoria de subvencións de natureza competitiva, destinada aos concellos de Galicia de xeito individual ou conxunto mediante agrupacións ou asociacións de concellos, así como ás mancomunidades de concellos e aos consorcios locais de Galicia.

INFRAESTRUTURAS DE USO PÚBLICO

Para esta orde de axudas, o Goberno galego destina nesta convocatoria 3 millóns de euros, orientas aos concellos de Galicia, de forma individual ou mediante asociacións ou agrupacións de municipios, para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.

Entre as actuacións subvencionables recóllense a instalación, ampliación ou mellora das redes de luz pública; pavimentación de camiños públicos municipais; construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de parques públicos e parques infantís; construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de edificios ou dependencias municipais destinados á prestación de servizos municipais e/ou dotación de equipamentos destes edificios ou dependencias, entre outras.

Poderán ser beneficiarios desta subvención aqueles concellos de Galicia, de forma individual ou mediante asociacións ou agrupacións, que teñan menos de 30.000 habitantes, e que teñan remitidas as contas do concello correspondentes ao exercicio orzamentario de 2017 ao Consello de Contas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

primeiro lles pagas, logo te pós á cola, e ao final danche 10.000 € para que fagas o que deberan facer eles (Xunta) e mentras non tes alumeado público pagas o recibido da luz tódolos meses ás empresas amigas que suben e suben os custes sen investir un patacón! Para isto non precisamos autogoberno, basta con Alí Babá e os coarenta ladróns !!!