Ana Pontón acusa a Feijóo de "esconderse detrás de Cataluña" cun discurso "escrito para Génova"

Acúsao de "manipular" a mensaxe do cadro de Castelao 'A derradeira leición do mestre'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/12/2018 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acusou este luns a Alberto Núñez Feijóo de "esconderse detrás de Cataluña" para "evitar falar de Galicia" nun discurso de Fin de Ano "escrito para Génova".

A líder do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa. BNG
A líder do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa. BNG

A líder nacionalista, que fixo a valoración do discurso do presidente galego a través da súa conta en Twitter, criticou que Núñez Feijóo se mostre como "presidente-profeta da posverdade", "pintando unha Galicia onde todo vai de marabilla, sen mencionar o malestar e problemas que están a causar a súa política de submisión a Madrid, de recortes e de privatizacións" na Comunidade.

Para Pontón, este discurso "usa a presidencia da Xunta para facer partidismo cutre, repetindo como un loro as consignas de Pablo Casado contra Cataluña e contra o nacionalismo, que deixan clara a deriva de dereita extrema na que está o PP e que apoia Feijóo".

De feito, a portavoz nacional do BNG considerou este discurso "ameazante e inmovilista" e acusou a Feijóo de pretender "impedir que haxa cambios". "Galicia necesita máis que nunca un cambio, que só será cambio se rompemos co centralismo, coa corrupción, coas políticas que nos rouban e empobrecen", explicou.

Do mesmo xeito, acusou ao presidente galego de "manipular" a mensaxe do cadro de Castelao 'A derradeira leición do mestre', cando "fala de Bóveda e non condena aos golpistas que o asasinaron polo seu amor a Galicia". "Fala de guerra civil, pero en Galicia só houbo cruel represión. Fala dunha Galicia na que todo ve ben, esquece a pobreza e a precariedade", apostila.

Finalmente, lembra ao presidente galego que "ningún gobernante debe menosprezar" a "os mozos que están a denunciar a precariedade", ás "270.000 persoas que tiveron que emigrar por falta de emprego" ou a "os miles de persoas" que "defenden na rúa unha sanidade pública".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 lóstrego

Moito convencional críticar os discursos do Sr. colonial.

1 Ferrolvox

Pues ya sabes si tanto te gusta vete a Cataluña, váis a flipar en las elecciones, el nacionalismo gallego será extraparlamentario

2 Ferrormola

Ti mellor vai mirando que non fechen ferrol por insalubridade e ruina, non vos caia a cidade na cachola. Moito poñer o brazo teso e tedes a cidade que da noxo mirar para ela. Por certo, xa asumes que Catalunya non é España? Perfeto, por algo hai que empezar. Feliz aninovo, :*